mércores, 18 de marzo de 2020

Reto: Eu quedo na casa

Seguramente estos días na casa, están sendo un pouco difíciles cas peques e cos peques. Esta situación é estraña e nova para  todos, pero as preguntas dos mais pequenos acaban poñendo aos adultos en dúbida de como explicárlles o que estamos a vivir co Coronavirus.







Dende o equipo docente do CPR CID, queremos axudarvos neste proceso e é por iso que vos deixamos algúns recursos para que poidades consultar e  para que as vosas peques e os vosos peques poidan entender dunha forma sinxela porque temos que estar na casa.

Aquí vos deixamos, uns enlaces de contos sinxelos que igual vos poden interesar:

- Cuento Coronavirus de Carmen Gonzalez

Rosa Contra el Virus. Cuento para explicar a los niños y niñas el Coronavirus y otros posibles virus


-  El virus con corona del Centro Infantil Pasito a Pasito


Que es el coronavirus de Happy learning



Misión quedarse en casa. Neste enlace poderedes atopar un conto para colorear e ao final ten unha folla para crear un diario, de cales son as cousiñas que se están a facer día a día e como nos estamos sentindo. Ao final de todo este proceso, recibirán unha medalla en compensación polo seu esforzo. 





Ademais queríamos recordar a todo o alumnado, a importancia duns hábitos de hixiene saudables,  aqui vos deixamos algunhas recomendacións para levar a cabo:

La higiene de manos. OMS


E por se queredes recordar algunhas das normas ao mesmo tempo que bailades, o alumnado de CEIP LA PAZ, fixo un rap que igual vos gusta:


Rap de la tos y el codo. CEIP LA PAZ






Recordarvos que nestes momentos, as emocións e os valores deben saír a relucir, e sería un orgullo para nós e seguramente para vós tamén, ver como todo o que se traballa , día tras día, hora tras hora...acaba dando o seu froito, formando uns cidadáns responsables, solidarios, con empatía, respetuosos... Para que pasedes estes días, da mellor forma posible, compartimos con vós unha guía de consellos psicolóxicos, de Elena San Martin, Educadora social e psicóloga: Consejos psicológicos para largos períodos.





E se notades que os vosos peques e as vosas peques están demasiado nerviosos ou inquedos podedes realizar diferentes actividades para relaxalos como ioga para nenos ou construir unha botella da calma escoitando música calma. Aquí vos deixamos os enlaces para que poidades realizalas.




Para os nenos e nenas do cole máis maiores  deixámosvos estas plantillas por se queredes escribir como vos estades sentindo nestes días tan especiais.





Tamén podedes debuxar o que estades a sentir e cando todo isto remate e nos volvamos a ver nas aulas podedes compartilo con todos nós se queredes.

Ánimo!!!  Todos xuntos acabaremos co coronavirus!!!!








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario