martes, 26 de maio de 2020

Educación infantil: Ponte no meu lugar


Ponte no meu lugar 

Esta semana imos a traballar con este conto de Susana Isern que a través del, podemos aproveitar para reforzar algúns dos valores nos que facemos moito fincapé no noso centro, a empatía. 
Neste conto, Grilo pasea polo campo e vaise atopando con diferentes animais, e cada un ten un problema diferente, pero como a Grilo non lle afectan, pois non lle parece importante e non lles fai caso. Ao chegar a noite cando Grilo quere dar o seu concerto, dase conta que as cordas do seu violín están rotas, agora ten un problema, pero grazas aos seus amigos que lle axudan, Grilo pode dar o concerto. 
Esa noite, Grilo, levou unha gran lección, pois todas e todos debemos respectar e comprender as diferentes emocións e situacións que están vivindo os demais, aínda que non sexan as nosas nese momento. 

Saber e sentir que os demais te escoitan e te entenden fai que nos sintamos seguros, e iso é o que pretendemos para o noso alumnado.  

 Preme na imaxe para ver o conto.
https://drive.google.com/open?id=1PZTZ5toXzSXLTwauYxgrYSN1IQXcWEmg

Movemos un pouquiño o noso esqueleto co baile do Hokey Pokey?
Imos !!

https://www.youtube.com/watch?v=tN3CFyuyelw


E cantamos tamén un pouquiño en inglés...

https://www.youtube.com/watch?v=oybEMWW23uU

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe unha semana máis a mestra anímavos a facer algún sons dos insectos que atopamos no conto.  
Cales eran? o grilo, a xoaniña, a araña...
Lembrade que é moi importante reflexionar sobre os sons, xa que de sons está formada a nosa fala. Se conseguimos pensar, distinguir e seleccionar sons, adquirimos grandes cualidades sonoras e comezaremos a vocalizar e pronunciar correctamente as palabras.
Espero que esteades ben e que vos divirtades moito coas nosas actividades!




4º Educación Infantil

Aproveitando o conto desta semana, gustaríame que reflexionarades en familia sobre a actitude de Grilo. Se as peques e os peques crecen  respirando comprensión, respecto, cariño, empatía... aplicarano no seu día a día ao igual que os amigos de Grilo. 

- Quen é quen? 


Quen non xogou algunha vez a este xogo tan divertido? Aproveitando as personaxes do conto Ponte en mi lugar, imos a xogar a adiviñar de que animal se trata, para iso debemos dar pistas pero non podemos decir o nome do animal. 





Este xogo aporta moitos beneficios, xa que favorece o desenvolvemento de algunhas capacidades cognitivas como a atención, a memoria, a linguaxe ou a lóxica, ademais de ampliar o seu vocabulario. 

- O grilo dos nomes

E para repasar un pouquiño que vos parece se xogamos cos nomes dos compis da clase? É moi sinxelo, igual que se xogaramos á OCA pero cun Grilo saltarín, temos que tirar o dado, contar cantos puntios ten e movernos tantas casillas como puntiños teña a cara do dado que nos tocou, e como non, ler o nome que aparece na casilla. Se non nos lembramos, non pasa nada, seguro que algúen nos pode axudar.
 Podedes imprimir o taboleiro ou xogar movendo co dedo, coidado se che toca a casilla do grilo,  tes que saltar para o seguinte grilo.


- Os nosos nomes
Agora que xa xogastes cos nomes e os recordades mellor, podedes xogar a ordear as letras e ver que nome aparece. Se necesita axuda, igual podemos colocar a inicial no principio para así ir completando.



- Quebracabezas
E que vos parece se facemos un quebracabezas con algúns dos animais que aparecen no conto? 




- As xoaniñas

Lembrades que a xoaniña perdera un dos seus círculos? Imos a contar cantos círculos ten cada xoaniña e a marcar o número correspondente. Se vos apetece tamén os podedes escribir nun papel e comprobar despois. 








- Arte primaveral

Que alegría poder saír a dar un paseo e deixar voar a nosa imaxinación coas flores, follas, pedras, paos... mirade que fixen eu, aproveitei para repasar o esquema corporal, apetécevos facelo? ou facer outra obra de arte primaveral... 



Se nos enviades as vosas fotos e nos autorizades a publicalas no blog, faremos unha sorpresa con elas. 
Ánimo peques, estou segura que sairán preciosas obras de arte. 

Unha aperta!!


5º Educación Infantil

Ola familias! Gustouvos o conto? Despois de velo podedes preguntar aos vosos fillos e fillas algunha preguntas sobre o conto como que fixo mal grilo, que fixeron ben os demais insectos... é importante que os deixedes falar para ver que foi o que entenderon...

Lectoescritura e lóxica matemática: Agora imos aprender un pouco máis sobre algúns desdes animais xogando ao xogo que vos propoñemos a continuación. Tedes que pasar por todas as casillas... moita sorte!!!
Premede na imaxe para empezar a xogar.

https://view.genial.ly/5ec6934fad9c9e0d8e2050d3/interactive-content-tablero-bichos


Arte: Hoxe imos facer a Grilo... Só necesitamos... cartolinas verdes ou folios brancos pintados de verde clariño e verde oscuro, tesoiras, e pegamento.


Encolaremos o folio verde clariño e o pegaremos no tubo de papel hixiénico, despois metemos para dentro os bordes que nos haxan sobrado. No folio verde oscurofacemos o molde las seis patas, catro pequenas e dúas grandes que pegaremos a ambos lados. Tamén faremos dous círculos aproveitando a tapa do pegamento que serán os ollos e faremos outros máis pequenos en verde clariño para pegar no medio dos grandes. Se temos un rotulados ou lápis farémoslles uns puntiños negros no centro. Pegamos os ollos a ambos lados tamén e... e xa temos o noso GRILO!!!




6º Educación Infantil


Ola de novo familias! espero que vos gustase moito o conto que con tanto agarimo fixemos as mestras para tod@s vós. Debemos seguir traballando a empatía nos máis peques, así serán menos agresivos, máis comunicativos, capaces  de expresar mellor os seus sentimentos e medrarán fortalecendo a súa autoestima.
Ésta semana vamos a repasar coa axuda dos bichos e natureza. Ánimo!!!



LECTOESCRITURA E LÓXICA MATEMÁTICA

De forma entretida e con moito bicho polo medio repasaredes conceptos de lectoescritura e matemáticos para non esquecernos. A fedellar peques!!!

Pinchade no títulos e a desfrutar.



                                            BICHOS 


(Xogo educativo elaborado por Carmen Cardeñosa.)










ARTE



Faremos ARTE NATURAL, recollendo elementos naturais e construíndo creacións efímeras, clasificando, xuntando, restando, direccionalidade e traballando a motricidade fina de forma lúdica.
Aquí vos quedan uns exemplos.












CUBITOS DE XEO, xa sabemos como lles gusta xogar coa auga pero o raro é que fagan cubitos de xeo ,peeeero... saben cómo se fan? Ver e participar no proceso que converte a auga en xeo (paso previo a ver o proceso de licuación) é apaixoante para os peques.

De seguro que participar no estado da auga, gozar do experimento e seguir desenvolvendo moitas destrezas será xenial para facer nestes días. Espero os vosos cubitos de xeo! A imaxinarrrr!



                                      




"Observa profundamente a natureza e entenderás todo moito mellor". Albert Einstein.









Para rematar, quixeramos recordarvos, unha vez máis, que non esquezades a importancia da autonomía persoal e de facer partícipes as e os peques nas tarefas diarias da casa. Se queremos, por exemplo, que a peque ou peque emparelle os calcetíns e os doble, que os clasifique por tamaños, por cores... estanse a traballar conceptos matemáticos. Igual ás veces non nos decatamos da aprendizaxe que leva "oculta" unha tarefa como esta, e por outra banda, como aplica os seus coñecementos, en diferentes contextos da vida cotiá. 

Sabemos que a vosa preocupación existe porque hai interés, porque queredes o mellor para as vosas e os vosos peques, porque sodes familias implicadas na educación, por iso agora, unha vez máis pedimos confianza, xa que queremos seguir camiñando neste proceso da man. Moitas veces intentanse facer actividades, coa mellor intención, pero queremos facervos saber,  que existe a posibilidade de que se reflexe o efecto contrario,  perxudicando as e os peques, porque se collen malos hábitos, porque podemos confundilos, porque aínda non están preparados e necesitan madurar... por iso ,familias, pedímosvos tranquilidade,  porque todas e todos sabemos polo que estamos pasando e en ningún momento se vai esquecer esta situación, cando se retomen as clases presenciais. 


Unha aperta!!

As mestras de Educación Infantil

mércores, 20 de maio de 2020

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Onte publicouse no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.


O prazo para a entrega de solicitudes será do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020 tanto na sede electrónica como na secretaría do centro.


Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumplir os seguintes requisitos:
  • ter devolto os libros de texto do curso actual recibidos do propio centro. Esta recollida farase na semana do 22 ao 26 de xuño.
  • ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou ben presencialmente no centro docente.



Normas básicas para o acceso ao centro:

-Acceso ao centro pola porta da rúa Galo Salinas, saída do centro pola porta de Rolda de Nelle.
-A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
-Manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).
-Horario: de 9:30 a 13:00.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

ANEXO I E ANEXO II 

ORDE DO 12 MAIO DO 2020 

PRAZOS 
 

martes, 19 de maio de 2020

Educación Infantil: As pitas baixo a choiva

Ola familias! 
O pasado domingo 17 de maio foi o día das letras galegas, adicado este ano ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Este ferrolán foi un gran impulsor da lingua galega e deu vida a distintas obras. As mestras de Infantil ímonos centrar no seu conto... 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA.


https://www.youtube.com/watch?v=lBvbDEcxbqU


As pitas estaban molladas porque empezou a chover... gustaríavos facer chover cando quixérades? Pois Cris, a profe de música, vai facer os vosos soños realidade amosándovos como se fai un pau de choiva! estade moi atentos ao vídeo.

https://drive.google.com/open?id=1j2v7NDQw5Sei_bfZsv3FTG6ZoDg5s_S-

Xogamos á pita cega? Na pita cega os xogadores forman un corro e dentro del sitúase un neno cos ollos tapados cun pano. Comezan a xirar mentres cantan a rima. Ao rematar a canción o xogador que é a pita cega pilla a un neno do corro e deberá identificalo tocándoo. Así o pillado convértese na pita e o xogo volve a comezar.
 Aprendémonos a canción e xogamos?
  Gallinita ciega
busca en el pajar.
—¿Qué se te ha perdido?
—Aguja y dedal.
—Da tres vueltecitas
y lo encontrarás.
Gallinita ciega
gira sin cesar.
¡Pobre gallinita,
se va a marear!


Cantamos outra canción en inglés? Esta vez vos deixamos esta canción de un pequeno pitiño, como se di pito en inglés? que letras ten? ímolo ver!
https://www.youtube.com/watch?v=rHf8tFaK59k


ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Dende estimulación da linguaxe, como non pode ser doutra maneira temos que practicar a nosa lingua, e que mellor maneira que  inventar o noso propio conto. Xa víchedes o conto de Ricardo Carvalho Calero das pitas baixo a choiva,  e agora é o voso turno. Déixovos unha imaxe, e a partir de ahí tedes que inventar un título, describir o que está a pasar e rematar cun final distinto. Podedes poñerlle nomes aos protagonistas, meter máis personaxes... o que queirades….usade a vosa imaxinación e sobre todo as vosas palabras!
Aquí tedes a imaxe… 


Como xa vimos en moitas ocasións, as pitas ou galiñas son animais que podemos atopar na granxa polo que tamén quero deixavos un vídeo ANIMALES DA GRANXA no que podedes practicar os sons dos amigos e amigas das galiñas, é moi divertido!


Por último déixovos unha manualidade que consiste na elaboración dunha galiña para poder practicar o soplo, ademáis de axudar a controlar a respiración, axuda a adestrar os músculos que participan na fala, especialmente os da meixela que son os que empregan para silbar, soplar... e tamén nos axudan a controlar a ansiedade e a emocionabilidade.

 MATERIAL: 

  • unha palliña
  • un vaso de cartón ou plástico 
  • un guante de látex
  • fixo
  • rotulador



ELABORACIÓN:

No vaso poñeremos un guante amoldado na parte aberta e fixaremolo con fixo. Nun lateral faremos un pequeno buraco no cal meteremos a palliña e o guante decorámolo como unha galiña e xa podemos soplar! A ver quen consegue inflalo de todo!
 Un biquiño moi moi grande, xa queda menos!




4º Educación Infantil 


Como estades familias? Sei que existen dificultades para conseguir que as peques e os peques realicen actividades, por iso a pesar da comunicación que imos tendo, recordarvos que é normal, que vos atopedes ante esta situación. Non vos agobiedes, se a peque ou o peque non está motivado, o resultado nunca vai a ser o esperado e nestes momentos temos que establecer prioridades, e o benestar emocional, é unha das nosas prioridades.  Recordade a importancia das tarefas que se vos proporcionaron ó principio do confinamento, como poden ser... vestirse, calzarse, cepillarse os dentes, peinarse, ducharse, poñer cremalleira, botóns, abrir e cerrar mochila... iso tamén é traballo e non menos importante que o resto. Que soamente queiran xogar, non é un problema, pois o xogo infantil é unha necesidade básica para o bo desenvolvemento da intelixencia e tamén para o equilibrio emocional. 

Esta semana,  propóñovos repasar conceptos xa traballados dunha forma lúdica, como o facemos habitualmente. 



Lectoescritura:
Imos a relacionar cada animal dos que aparece no conto co seu son, incluso podedes seguir xogando con outros animais coñecidos por eles para imitalos e así aproveitar para repasar sons do seu entorno.





E xa que a actividade dos sons era moi sinxela, pinchade nesta imaxe e escribe a palabra escrita, buscando con moita atención as letras para escribilas de forma ordeada. 



Lóxica matemática:

A nosa pitiña ten moita fame, e ímoslle a dar de comer. Eu propoño estar moi atentos e darlle o maior número de garavanzos mentres a nosa parella conta ata 5, se sabe contar ata un número superior a 5 tamén se pode modificar. 
Para esta actividade, necesitamos :
- 1 caixa de zapatos
- 1 folio
- pinturas
- garavanzos



E ademais tamén vos deixo un xogo moi divertido, tedes que pinchar na imaxe e atopar unha imaxe igual para facer parellas.




https://puzzel.org/es/memory/play?p=-M7bLRhsCFgq46W50P3N




Actividade plástica:

Apetécevos mancharvos un pouquiño coa pintura? e se non temos pintura que vos parece se facemos un pouco chocolate e pintamos a man de chocolate? Podemos facer unha pita coa man, e despois teríamos que poñerlle as patas e o pico, igual pode axudarnos alguén da casa. Podedes facer a vosa propia creación, podedes facer unha pita ou moitas pitas como tiña Ricardo.



E aquí vos deixo o galo do curro, que se consideraba o rei,  para que lle poidades dar cor dunha forma especial, ides a pintar cun pincel máxico moi parecido ao da nosa pizarra dixital da clase. Se vos animades, podedes pintar máis amiguiños da granxa. Tamén tedes opción de borrar tantas veces como queirades ou de imprimir e pintalo coas vosas pinturas. 



Espero que disfrutarades moito das actividades peques!!


5º Educación Infantil
 Ola familias! Que vos pareceu o conto? Antes de comezar imos facer un exercicio de atención... Temos que fixarnos ben no debuxo e logo, co que lembremos, responder catro preguntas... ahí vamos! Premede na imaxe!

https://view.genial.ly/5ebe15db8e243b0d5a32afea/game-as-pitas-baixo-a-choiva



Lectoescritura: Preme no dado dúas veces, unha para empezar e outra para parar. Según o número que che saia lé a letra que está ao lado e di os nomes das imaxes.
 Despois fíxate ben:
  • Hai algún pitiño nas imaxes?
  • Que din os pitiños?
  • Que números no dado nos teñen que sair para ler a voz do pitiño (pío)?

https://view.genial.ly/5ebe51b232a04c0d96b6f398/interactive-content-dados-letras
 

Lóxica matemática: Ovos en orden!
Con tanta choiva os ovos das galiñas desordenáronse... podes axudarllas a seguir o orden? Arrastra os ovos seguindo as series.

https://view.genial.ly/5ec28abbd31b220d0fab67ca/interactive-content-huevos

Podedes facer máis series con cousas que teñades por casa, veña, imos ordear!

Actividade plástica: Pitiño esponxoso no microondas.
Para iso imos necesitar os seguintes materiais:

  • 1 taza de fariña,
  • 2 culleradas de polvo de hornear,
  • 2 culleradas de sal,
  • Auga,
  • Colorantes alimentarios (opcional),
  • Mangas pasteleras desbotables ou bolsas de plástico pequenas.
  • Cartón groso ou papel de forno (non vale papel xa que se molla e rompe),
  • Microondas.
 Mezclamos os ingredientes secos e botamos auga pouco a pouco ata lograr unha consistencia como á da masa das tortitas. Añadimos o colorante ata obter o color desexado e xa so queda meter a masa, ou as masas se fixéchedes varios colores, nunha manga ou bolsa e a pintar sobre o noso cartón ou papel de forno!
Unha vez feito o debuxo métese máis ou menos 30 segundos no microondas ata que se vexa seca. Se utilizamos o papel de forno podemos despegalo con coidado e quedará unha figura que poderemos colgar.
 Déixovos un vídeo de como fixen o meu pitiño! 
https://drive.google.com/open?id=1oWeBKZL7A9eBp_lPBsFhSdb6Fc5hkUlH

E, rapaces e rapazas, sabedes que sempre nos gusta recibir fotos coas vosas creacións así que animaros a seguilo facendo! Botámosvos moito de menos!

6º Educación Infantil
Benqueridas familias, alá polo 1963 cando se cumprían 100 anos da publicación do libro de Rosalía (gran escritora galega), a Real Academia Galega decidíu marcar no calendario un día para festexar as nosas letras galegas, por iso cada 17 de maio celebramos que temos lingua e literatura propia, o galego!

Lectoescritura: Unha vez desfrutado este marabilloso e divertido conto de Carvalho Calero anímovos a facer a ficha interactiva compartida por unha mestra en liveworksheets, na cal deberedes ter moito ollo e ler amodiño para non confundirvos .


AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Pincha no título para acceder



Deste relato, que narra un feito anecdótico da infancia do autor, saíron varias preguntas para relacionar coa resposta correcta. Ánimo! A ver cantas acertades á primeira peques!



Lóxica matemática: OVEIRAS, coa axuda das oveiras para gardar os ovos vamos a poñer a traballar as pequenas mentes matemáticas. Dentro de cada oco poñeredes uns ovos recortados pol@s nen@s e numerados, despois coa axuda dunha culler transportaredes o número de fabas que nos indique o ovo.




OVO MATEMÁTICO, debuxaredes nun gran cartón un ovo xigante con varios números no seu interior, logo tiraredes os dous dados e deberedes sumar os resultados que saíron o azar, unha vez sumados atoparedes a solución no ovo rodeando cun lápis ou repasando co dedo.








Actividade plástica: PITAS, ésta  semana propóñovos un reto relacionado co conto: CREA A TÚA PROPIA PITA! como sodes  unhas e uns grandes artistas deberedes elaborar unhas pitas. Faremos un collage coas vosas obras de arte que mandedes ao correo do cole ou tamén por tokApp. Eu deixo algunha idea, agora vos...a imaxinar!!!









Non esquezades nunca que as nosas letras merecen ser festexadas por todo o alto e sempre! tamén deben ser faladas @s máis cativ@s, pois son froito da nosa cultura.

FELIZ SEMANA FAMILIAS, SEGUIDES A SER UNS CAMPIÓS E UNHAS CAMPIOAS!







luns, 18 de maio de 2020

Recopilación de retos de Educación Física!

Estimadas familias, a pesar da situación que estamos a vivir, queremos agradecer a participación recibida en forma de fotos e vídeos en relación aos retos de Educación Física propostos cada semana. Moitos foron os nenos e nenas do colexio Cid que sacaron tempo das súas rutinas diarias nas casas para facer un pouco de exercicio e divertirse facendo algo de deporte e compartindo momentos en familia.

Para que todos podamos desfrutar de ver a compañeiros e compañeiras, e para que sexa un novo modo de acercarnos a todas esas personas que estabamos acostumadas a vernos a diario, aquí vos deixamos un vídeo recopilatorio dos retos recibidos!




Queremos anirmarvos a seguir participando nas próximas semanas, para seguir compartindo experiencias a pesar da distancia que agora mesmo nos separa.

Desexamos que vos guste!
Unha aperta a tod@s!





venres, 15 de maio de 2020

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

ESTA INFORMACIÓN É ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN. O ALUMNADO QUE XA ESTÁ ESCOLARIZADO CON NÓS NON TEN QUE FACER NADA DE MATRÍCULAS, ESTÁN TODOS MATRICULADOS AUTOMATICAMENTE.

 No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado.
  •  novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
  • Pódese realizar tramitación online da solicitude, na aplicación admisión alumnado.
  •  A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio.
  • Letras para empregar no proceso de desempate se é preciso:
1er Apelido: letra 1ª: T - letra 2ª: G
2º Apelido: letra 1ª: E – letra 2ª: X
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do  9 de xuño.Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas ata o 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo.

 Normas básicas para o acceso ao centro: 
  1. Solicitude de CITA PREVIA no teléfono 981 255 244.
  2. Acceso ao centro pola porta da rúa Galo Salinas, saída do centro pola porta de Rolda de Nelle. 
  3. A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo para a realización do trámite administrativo a unha soa persoa.
  4. Manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto. Dentro do posible seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (mascarillas e guantes).
 Importante: O centro abrirá a partir do luns 11, EXCLUSIVAMENTE para atender este proceso de admisión de alumnado e soamente para aquelas persoas que concertaran cita previa. Para o resto de procesos (recollida de materiais, axudas de libros, etc.) o centro segue PECHADO. Para calquera dúbida ou consulta poden continuar empregando o correo electrónico: cpr.cid@edu.xunta.es e o teléfono: 981 255 244.

Grazas a tod@s pola vosa comprensión. 

Para que nos poidades coñecer un pouquiño máis,  deixámosvos un vídeo.



15 de Maio día internacional da familia




Ola a todas e todos!!

Hoxe queremos celebrar con todos vós un día moi especial, o día 

da familia.




Pero… que é unha familia?

Son todas aquelas persoas que nos queren, comprenden e 

se preocupan de nós, aquelas que nos axudan e que non nos deixan 

sós cando máis o precisamos.

Existen  moitos tipos de familias cos que podemos ter vínculos

 familiares (avós, tías, curmáns…) pero tamén poden ser amigos/as,

 veciños/as, mestras/es… o verdadeiramente importante son os 

sentimentos que se establecen e os valores que se transmiten.



No noso Cole formamos unha pequena gran familia e queremos 

adicarvos este día cun fermoso conto que elaboramos con moito 

cariño titulado Una gran familia de Elisenda Roca y Rocío 

Bonilla. 

Desexamos que vos guste:



(preme na imaxe para acceder ao vídeo)






E para esta fin de semana deixamos unha serie de 


actividades para que disfrutedes coas persoas que 

máis queredes:



  • Un trivial de Educación física para xogar en familia:

(preme na imaxe para acceder á páxina)


  • E para os/as grandes lectores/as un novo conto:


(preme na imaxe para acceder ao conto)



Desfrutade do día e...


ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A VERVOS!