mércores, 30 de novembro de 2022

25N 2022

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, é unha data para denunciar a violencia que exercen os homes contra as mulleres en todo o mundo.

Esta data conmemora o violento asasinato das irmás Mirabal. Vivían na República Dominicana e loitaron contra a violencia de xénero e o réxime ditatorial e machista do seu país. Despois de ser detidas e encarceradas en varias ocasións, foron asasinadas o 25 de novembro de 1960.

Dende o Colexio Cid non queremos esquecernos das irmás Mirabal e de moitas outras persoas que se implicaron e se están a implicar en causas xustas. Traballamos co noso alumnado, nenas e nenos, os valores de respecto e igualdade e o desexo de poñer fin á violencia contra mulleres e nenas. 

Realizamos diferentes actividades: vimos vídeos, lemos contos, investigamos, debatemos, coloreamos, recortamos, … Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados.


EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA





















AULA DE APOIO (PT)



A violencia contra a muller é un obstáculo para acadar igualdade, desenvolvemento, paz e respecto dos dereitos humanos.


NON AOS MALOS TRATOS! 









mércores, 23 de novembro de 2022

DÍA DA INFANCIA 2022

 


Unha das conmemoracións dentro do calendario escolar é o Día Mundial da Infancia, adicado a todas as nenas e os nenos do mundo. Neste 20 de novembro celebramos todos os adiantos conseguidos na protección da infancia, mais tamén se considera un bo día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e das nenas máis desfavorecidas, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Tal e como fixemos o curso pasado, unímonos á invitación da Asociación Estatal de Acollemento (ASEAF) a participar no chamado Día do Pixama.
O pixama en calquera fogar simboliza o momento de intimidade familiar ao final do día. Créase o ambiente perfecto para a lectura do conto, ese clima de protección e seguridade que senten os nenos e as nenas antes de irse a durmir.

No noso cole, o alumnado acudiu a clase en pixama para poñer en relevo a realidade que viven máis de 23.000 nenos, nenas e adolescentes en España que medran en centros de acollida.
Celebramos o Día do Pixama no centro polo dereito que teñen todas as nenas, nenos e adolescentes a crecer en familia. Trátase dunha grande experiencia educativa que promove a escola de valores, fomentando a solidariedade, axudando a todos e todas a identificar e expresar sentimentos, emocións e vivencias. E tamén resulta un día divertido que favorece as relacións e permite vivir a escola dunha maneira diferente.

Deixamos unhas fotos proba de todo isto a continuación.

































luns, 14 de novembro de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

Para a celebración do día de todos os Santos, no colexio fixemos actividades nas aulas para achegarnos á forma na que en Galicia se celebra, segundo a tradición celta, o final da tempada de colleitas, unha tempada que ten máis de tres mil anos de antigüidade.

As actividades de Samaín axudaron a traballar a lectura, a escritura, a psicomotricidade e tamén a cooperación e traballar en grupo para mellorar as relacións sociais.

Aquí vos deixamos  unhas fotiños para que poidades desfrutar:

 









Por outra banda o día 8 de novembro celebramos o MAGOSTO, festa na que celebramos o fin da colleita da castaña e degustamos un dos froitos máis representativos do mundo rural galego .

O castañeiro preparounos unhas saborosísimas castañas asadas para facernos pasar unha mañá alegre e divertida, desfrutando un dos productos que os bosques galegos nos dá. Para poder degustalas mantendo os espazos limpos e compartindo momentos de familia cada alumno elabora o seu portacastañas na casa con materiais de refugallo. 

Con eles en cada aula fixéronse votacións e aquí temos unhas fotos dos gañadores e tamén dese día de festa.








































O equipo docente do COLEXIO espera que vos gusten as fotos  e que os vosos fill@s desfrutaran moito!! Un saúdo!!