sábado, 29 de decembro de 2018

Parabéns aos peques que cumpriron anos en novembro e decembro

O mes de novembro tivemos de aniversario a Julio que cumpriu 3 aniños, puxemoslle unha coroa e despois cantámoslle para celebralo, sopramos a vela, comimos tarta de chocolate, tivemos bigotes de chocolate do rica que estaba a tarta...en resumen,  pasámolo xenial.


O mesmo lle sucedeu a Martín que cumpriu 4 aniños e os seus compañeiros desfrutaron a tarta e botaron unhas risas coa canción. Podedes observalo nestas fotos.


O mes de novembro foi moi fructífero xa que Emily e Ismael de 6º de infantil cumpriron 5 anos e Yael e Maykel de 1º de primaria cumpriron 6. Todos eles coas súas coroas e as súas celebracións sentíronse moi especiais neste día tan importante para todos eles.




E o rei de decembro foi Ismael de primeiro.




PARABÉNS PARA TODOS!!!!!





luns, 24 de decembro de 2018

Felices Festas

Para estas festas desexámosvos:
Un corazón para COMPARTIR,
unha boca para SORRIR
e uns ollos para a ESPERANZA.

Felices Festas e próspero aninovo.



Festival de Nadal

Que ben o pasamos con todas as actuacións que os pequenos/as prepararon para este Nadal.
Esperamos que desfrutárades tanto coma nós preparándoas.












martes, 18 de decembro de 2018

O noso nome

Os nenos e nenas da clase de 4º de E.Infantil estanse achegando ao texto escrito a través do nome,  xa que é un texto significativo para eles e ten unha gran carga afectiva.
Fixemos diversas actividades nas cales podían manipular, experimentar, sentir, comparar e por suposto desfrutar aprendendo. 

Dende o comezo do curso pasábamos lista, onde cada nome estaba escrito nun fondo de cor para facilitarlles o recoñecemento tanto do seu nome como dos compañeiros e posteriormente pasamos a ter os nomes nun fondo branco, a dificultade aumentaba pero a diversión tamén.....


A nosa caixa máxica

Comezamos recoñecendo a nosa inicial e facendo maxia cos nosos dedos, escribiamos a nosa letra,  moviamos a caixiña e xa non estaba...ohhhh pero si eran capaces de facer maxia !!Ademais algúns , os máis lambóns , tamén aproveitaban a probar o azucre e en canto se deron conta do rico que estaba a actividade xa empezaba a variar e a traballar o gusto tamén.




A máquina dos nomes

Todos os días tiñamos que estar moi atentos porque na nosa pizarra podía aparecer a nosa foto en calquera momento...e que pasa se aparecía a nosa foto? Tiñamos que levantarnos, ir á pizarra, buscar o noso nome, elexir a cor do rotulador,  intentar escribir o nome, ler e despois borrar. Que alegría cando aparecía o noso nome...



Posteriormente realizamos un montón de actividades para recoñecer o noso nome, o dos compañeiros, levar cada nome coa súa foto, recoñecer cal era a primeira letra que tiñamos, que letras coñecíamos nos nomes, como soaban e para iso deixámosvos unhas fotos para que poidades percibir que ben o pasamos e canto estamos aprendendo...








Creo que non cabe dúbida de como nos puxemos con esas galletas en forma de letra, coas cales podiamos poñer o noso nome. Para os mais larpeiros foi dificil controlarse, ata lles costaba concentrarse con tantas ganas de levalas á boca e como non, algún pasouno en grande comendo as letras, pero o nome de galletas non o chegamos a ver...



mércores, 12 de decembro de 2018

Recomendacións para o Nadal e o inverno

Estas son as recomendacións de Tico para as festas de Nadal e para ler no frío inverno. Todos os que queirades ler estes libros, pasade pola biblioteca e Tico estará encantado de vervos.



martes, 11 de decembro de 2018

Tempo de lecer na biblioteca

Un curso máis, algúns dos nosos alumnos de Primaria elixen a biblioteca para pasar un bo rato nos recreos chuviosos. Temos os que lles gustan os crebacabezas, os que elixen un libro para entreterse, os que realizan actividades plásticas coa plastilina ou debuxando e os que xogan o "Gota a Gota", a "Cifras e Letras" ou ao Tres en Raia.

























Como podedes ver a biblioteca é todo un éxito.