martes, 16 de abril de 2024

AXUDAS PARA BECAS COMEDOR 2024/2025 DE CONCELLO DE A CORUÑA




Informámosvos que o día 17 de abril abrirase o prazo de solicitude de Bolsas comedor para o curso 24/25 do Concello de a Coruña.

Lembrade que realizar esta solicitude é un requisito indispensable para, posteriormente, poder solicitar a través do noso departamento outras bolsas procedentes de entidades privadas como Educo.

O prazo rematará o día 8 de maio.

Podedes obter máis información premendo na seguinte ligazón:


Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou suxestión.





martes, 2 de abril de 2024

Recoñecemento como centro referente dos dereitos da infancia por Unicef

 O pasado venres 22 de marzo recibimos a visita de Marta e Ana para explicarnos a importancia que ten ser centro referente en dereitos da infancia e coñecer todo o traballo que fai Unicef especialmente na defensa dos nenos e das nenas de todo o mundo.




Algúns dos nosos alumnos e alumnas tamén participaron e nos deron a coñecer como funciona a Educación no seu país de orixe e do que poden facer eles polos dereitos da infancia. Unhas destas alumnas son dúas nenas de quinto de primaria que se animaron a participar no consello local da infancia de Coruña e recibiron o recoñecemento de Unicef no nome de tod@s @s compañeir@s do colexio.

Información sobre o Cliac

É importante que aprendan dende pequenos a que poden alzar a súa voz  dende o respecto e reivindicar os seus dereitos. Os nenos e nenas da nosa cidade poden trasladar a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.


Tamén tivemos durante unhas semanas unha exposición sobre os dereitos da infancia para coñecer un pouco máis sobre eles e así poidan entender a importancia de defendelos.







Moitísimas gracias a Marta e a Ana pola súa visita. Esperamos que nos poidan volver a visitar para aprender máis sobre Unicef e coñecer todo o que poden facer por nós  e por mellorar a sociedade na que vivimos.