sábado, 18 de febreiro de 2023

Entroido 2023

 Outro ano máis xa está aquí o Entroido!

Orellas, filloas, rosquillas, vaqueiros, policías, mandados do Meco... todo se mestura no Colexio Cid con gañas de festa, ledicia e diversión!!!!!

De seguido vos amosamos un exemplo de todo o que vos acabamos de dicir, esperamos que vos guste tanto como a nós!!!

 

 


































 Feliz Entroido de parte de todo o equipo do Colexio Cid!!!!!

venres, 17 de febreiro de 2023

Concerto Didáctico "Unha banda de Entroido" pola Banda Municipal de Música da Coruña

Cos mandados do Meco incluídos, os curso 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nas quendas de Concertos didácticos ofrecidos pola Banda Municipal de Música da Coruña no Ágora.

O tema, relacionado coas datas nas cales nos atopamos, foi "Unha banda de Entroido" e estivo narrado e acompañado pola escritora e narradora galega Paula Carballeira.

A través de diferentes obras musicais e contos de hai moito, moito, pero moito tempo, fóronse presentando as familias instrumentais primeiro e cada un dos instrumentos que as compoñen despois. A finalidade era descobrir unha sonoridade moi particular e propia dunha banda sinfónica como a que temos nesta cidade.

Por suposto, houbo momentos para a escoita activa, para acompañar con pitos ao ritmo, para dar palmas e aplaudir, mais tamén para desfrutar de música máis actual con moita batería e incluso voz masculina.

Nós pasámolo en grande! E tanto se queredes repetir experiencia ou vivila por primeira vez, podedes entrar libremente ata completar aforo o sábado 18 de febreiro ás 12h no Ágora.

E non esquezades, que a Banda Municipal realiza concertos no Teatro Colón dentro da súa programación de inverno con entrada de balde os domingos ás 12:15h.










xoves, 16 de febreiro de 2023

Visita Rosa Aneiros

O pasado 14 de febreiro, os cursos 3º e 4º recibimos a visita da escritora galega Rosa Aneiros. Desde principio de curso estivemos a ler o seu último libro publicado "Catro plumas de dinosauro" e tivemos a gran sorte de poder pasar con ela un bo rato facéndolle, moitas non, todas as preguntas que se nos ocurriron!

Ademais de compartir diversas anécdotas do proceso creativo que supón escribir unha historia ambientada nas Fragas do Eume pero na era Cretácea dos dinosauros, tamén puxo a proba os nosos coñecementos sobre eses animais mediante xogos e preguntas.

Como broche final da cita, Rosa asinou un a un todos os libros e aproveitou o momento para falar individualmente con cada alumno/a.

E desde aquí so nos queda agradecerlle de corazón o seu paso polo centro.