martes, 19 de xuño de 2012

FORMALIZACIÓN MATRICULA CURSO 2012-2013

PRAZO DE MATRÍCULA: 20 de xuño ó 30 de xuño.
LUGAR: Secretaría do centro.
HORARIO: De 9,15 a 11,00. A partir do 25 de xuño de 10,30 a 13,00.

SE FINALIZADO ESTE PRAZO,  NON SE FORMALIZASE A MATRICULA PERDERÁN O DEREITO Á PRAZA OBTIDA.
  
 DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-Cubrir o impreso de matrícula (recoller en Secretaría).
-Dous retratos do/a neno/a.
-Fotocopia do libro de familia.
-Fotocopia dos DNI dos pais.
-Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do/a neno/a.
-No caso de pais separados fotocopia da sentencia de separación onde conste quen ten a tutela.

xoves, 7 de xuño de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A LA GRANJA ESCUELA DE BELELLE

El pasado Lunes 21 de Mayo, l@s alumn@s del centro cambiaron el aprendizaje diario en sus aulas por un magnífico día al aire libre en la  Granja Escuela de Belelle. Allí pudimos ver  diferentes animales de granja entre los que encontramos  otras especies poco comunes en nuestra región como  monos, canguros y llamas, entre otros. También realizamos diversos talleres donde aprendimos las diferentes características de los animales que allí había, elaboramos nuestro propio pan, plantamos plantas y montamos a caballo.
Como recuerdo de esta gran experiencia un rico bollito de pan y una pequeña planta de guisantes que veremos crecer cada día.



USOSMÚLTIPLES


Como xa sabedes cada ano colaboramos, co Equipo de Dinamización e Normalización Língüística, no programa para coñecer e difundir a literatura e a lingua galega.
Dentro deste programa xa traballamos "a nosa fauna e  flora" e agora estamos a aproveitar dito programa para saber máis do noso entorno.


Cada ano centrámonos sobre unha das personaxes que lle dan nome ás rúas que temos preto do noso Centro.

En cursos pasados tocoulle ó poeta Francisco Añón, a Galo Salinas, nome da nosa rúa, e este ano traballamos co astrónomo Ramón Mª Aller.

É por eso polo que este curso unhas das saídas cuturais que fixemos foi á Casa das Ciencias e Planetario.




 Pero estes non son os únicos traballos que están expostos na sala de usosmúltiplos. Podedes ver tamén os traballos do día das Letras Galgas, este ano adicado á Valentín Paz Andrade,



os traballos que realizaron os alumnos/as da extraescolar de Artes Plásticas,




un mural feito polos alumnos/as de 4º de Edución Primaria, no día mundial do Medio Ambiente,...





luns, 4 de xuño de 2012

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2012-13


(Orde do 30 de maio de 2012; DOG, 01/06/2012).

1. DESTINATARIOS

Todo o alumnado matriculado en educación primaria.

2. REQUISITOS

a)Ser nai/pai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria durante o curso 2012/13 e non repetir curso neste ano académico.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

3. SOLICITUDES

3.1. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais  ou os titores ou os representantes legais do alumnado.
3.2 As persoas que desexen optar á axuda deberán presentar a solicitude no centro  docente no que estea matriculado o alumnado, segundo o anexo I da Orde do 30 de  maio de 2012, debendo presentar unha solicitude por alumno/a matriculado/a.
3.3 Ditas solicitudes poderán obterse no Centro, na xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. DESCARGAR SOLICITUDE
3.4. A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado excepto nos supostos de separación ou divorcio nos cales poderá ser asinado unicamente polo proxenitor que teña a custodia do menor. Todo iso sen prexuízo da sinatura do resto de membros da unidade familiar computables que sexan maiores de idade.
3.5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012.
3.6. Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante co que poderá adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, a súa libre escolla e polo importe máximo que figura no devandito vale.

4. DOCUMENTACIÓN

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación
4.1. Alumnado de educación primaria
a) Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.
b) No suposto de non ter libro de familia ou a se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidades familiar.
c) No caso de discapacidade do alumnado, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acreditarse documentalmente.
d)No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
 
5. CONTÍA DAS BOLSAS

As contías das bolsas varían segundo os ingresos da unidade familiar no ano 2010 dividido polo número de membros computables (renda per cápita familiar):
5.1. Familias monoparentais
a) Renda per cápita familiar ata 6.000 euros: 170 euros.
b) Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros
5.2. Resto das familias
a) Renda per cápita familiar ata 5.400 euros: 170 euros
b) Renda per cápita familiar desde 5.400, 01 ata 9.000 euros: 90 euros
5.3. Alumnado de educación especial
O alumnado de educación especial que solicite a bolsa e que cumpra os requisitos establecidos recibirán un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

6. ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

6.1. Respecto do solicitante
A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda a veracidade dos datos de carácter tributario declarados na solicitude, sendo necesaria tamén a autorización do resto dos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos, que deberán asinar para tal fin o citado anexo I e indicar o seu NIF/NIE.

6.2. Familias monoparentais
a) Cando conviva un só proxenitor ou titor co alumno/a, deberá acreditarse documentalmente esta circunstancia.
b) No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co alumno/a.
c) Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

7. CONSIDERACIÓNS FINAIS

a) O contido da convocatoria (Orde do 30 de maio de 2012) pode verse no Diario Oficial de Galicia do día 1 de xuño, no taboleiro de anuncios deste Centro e, xunto con información complementaria, no portal educativo xa citado: http://www.edu.xunta.es
b) Este Centro asesorará aos interesados para cubrir as solicitudes e achegar a documentación esixida pola convocatoria.