venres, 27 de xaneiro de 2023

O COLEXIO CID NO MUNCYT

 O pasado venres 20 de xaneiro, as clases de 5º e 6º E.P. fixemos unha visita cultural ao museo nacional de ciencia e tecnoloxía (MUNCYT).


A visita comezou cunha proposta lúdica de aprendixase sobre diferentes inventos de séculos pasados. A través dun xogo de pistas por grupos, o alumnado buscou información  polas diferentes salas do museo descubrindo e comprobando a enorme evolución tecnolóxica e científica da nosa sociedade. Comezamos observando dende unha simple roda, pasando pola máquina de vapor, a luz dun faro, unha avioneta, o primeiro ordenador e ata chegar ás videoconsolas.








Ademais, tamén tivemos a oportunidade de ver de cerca un motor dun avión e a cabina do piloto dun boing 747 que estivo en funcionamento ata o ano 2004.





Podemos asegurar que foi unha visita moi entretida para tod@s, onde aprendemos moito sobre a evolución da ciencia e a tecnoloxía nos últimos séculos!



xoves, 26 de xaneiro de 2023

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 

O pasado venres foi un día moi especial. Un día no que todas e todos os nenos de Educación Infantil, celebraron os seus aniversarios en conxunto. 

Desta forma aproveitamos esta celebración para darlles a oportunidade de desfrutar dun aniversario en conxunto intentando así, que ninguén quedase sen celebralo cos seus compis. En moitas ocasións, os aniversarios coinciden en vacacións e non chegan a festexalos na aula rodeados das súas amigas e amigos. 

Deixámosvos algunhas imaxes para que poidades ver canto desfrutamos deste día tan especial. 











Gustounos moito cantar, bailar, comer... pero sobre todo compartir este momento tan especial coas nosas amigas e amigos do cole.