O pasado venres 20 de xaneiro, as clases de 5º e 6º E.P. fixemos unha visita cultural ao museo nacional de ciencia e tecnoloxía (MUNCYT).
A visita comezou cunha proposta lúdica de aprendixase sobre diferentes inventos de séculos pasados. A través dun xogo de pistas por grupos, o alumnado buscou información polas diferentes salas do museo descubrindo e comprobando a enorme evolución tecnolóxica e científica da nosa sociedade. Comezamos observando dende unha simple roda, pasando pola máquina de vapor, a luz dun faro, unha avioneta, o primeiro ordenador e ata chegar ás videoconsolas.
Ademais, tamén tivemos a oportunidade de ver de cerca un motor dun avión e a cabina do piloto dun boing 747 que estivo en funcionamento ata o ano 2004.
Podemos asegurar que foi unha visita moi entretida para tod@s, onde aprendemos moito sobre a evolución da ciencia e a tecnoloxía nos últimos séculos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario