O pasado xoves publicouse no DOG a orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/2027.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 19 de maio ata o 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.
Modo de presentación:
- De xeito presencial: na secretaría do centro.
- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros. Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2026/27, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2025/26.
O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES ou CPR no que teña obtida a praza para o curso 2026/2027. Se non ten praza asignada en Secundaria deberá entregalo no colexio.
Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2025/2026.
COMO CUBRIR A DOCUMENTACIÓN