venres, 22 de decembro de 2023

Boas festas!!!

 Xa chegou o Nadal!!!

Un ano máis queremos desexarvos a todas as persoas que formades parte desta gran familia que é o Colexio Cid unhas moi felices festas. E coma unha imaxe vale máis que mil palabras non nos estendemos máis e  vos amosamos o que foi o Nadal no Cid.




























Os ollos brillantes das nenas e dos nenos son as verdadeiras luces de Nadal.

 

xoves, 21 de decembro de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE 2023

DÍA DA DISCPACIDADE  
3 DE DECEMBRO DE 2023

"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS SENON DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"

Durante a primeira semana de decembro destinamos o tempo a traballar a discapacidade con diferentes actividades aínda que, non só esta semana senón que durante todo o ano.

Deixamos ver aos nenos e nenas do colexio que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senón que son as barreiras que a sociedade pon.
Para que isto non suceda, é preciso que o noso futuro (nen@s pequenos) estén concienciados sobre este concepto.
Nós, os docentes, debemos traballar cóbado a cóbado con vós, as familias, para garantir que todos os nenos e nenas sexan VALORADOS, INCLUÍDOS, RESPETADOS  independentemente da discapacidade ou non que teñan.
Cremos na aprendizaxe basada en xogos, na aprendizaxe significativa, na aprendizaxe vivencial e para iso propuxemos actividades destinadas a poñernos na pel destas persoas.
Queremos agradecer a colaboración sen ánimo de lucro por parte da ONCE, por vir unha vez máis e compartir con nós materiais, vivencias, tempo...
Aquí vos mostramos un pouquiño do feito en fotos:




















 Para rematar, decirvos que a discapacidade non é un problema de que a ten como característica, nin da súa familia, nin do seu entorno, senón que de toda a sociedade....

Loitemos porque non haxa que visionar estes problemas, que sexan naturais e poidamos ter unhas mentes futuras  convivindo  con valores EXTRAORDINARIOS

luns, 4 de decembro de 2023

Un novembro cargado de actividades

A celebración de festividades e tradicións populares forma parte da cultura escolar. Ademáis 

son especialmente valiosas como elemento formativo e educativo transversal que permiten a 

transmisión cultural e, sobre todo, a educación en valores democráticos e sociais de maneira

global e interdisciplinar.


20 N: Día dos Dereitos da infancia:

O Día Mundial da Infancia (20 de novembro) é un día que adicamos a reflexionar sobre os dereitos,

celebralos e imaxinar novas formas de facelos realidade no mundo e na nosa contorna máis próxima.

Este ano coma novidade o alumnado de 5º e 6º de E.P participou nun pleno no Concello coa Alcaldesa Inés Rey.
















25 N: día internacional contra a violencia de Xénero

A educación comeza coa concienciación e a prevención. O respecto a todas as persoas é fundamental para que non se exerza ningún tipo de violencia.



















Magosto:

Unha das festividades que máis nos gustan do outono é o magosto onde degustamos as nosas clásicas castañas asadas. 

Que boas estaban!








 Festival 50 aniversario

Con motivo do 50 Aniversario do noso Cole, fixemos un festival moi especial facendo un percorrido polas distintas décadas de historia. 
Foron unhas semanas cargadas de moito traballo, esforzo e ensaios. Para disfrutar todos xuntos nuha tarde moi espeial.











Noaboa a todos/as!