xoves, 27 de xuño de 2019

ACHEGÁMONOS AO VERÁN

O alumnado de 4º de Educación Infantil, para rematar este curso 2018-2019, xa puxo un pé no verán, xa que convertiron a súa aula nunha preciosa praia.


Esparciron area polo recuncho da praia, achegandose así a manipular diferentes texturas.

Elaboraron a súa propia sombrilla para poder protexernos do sol. 

Experimentaron coa area húmeda e seca e ata fixeron un castelo. 





A medida que íamos lembrando que mais cousiñas levamos á praia, dímonos conta que nos faltaba a toalla, polo que recortamos anaacos de papel para decorar a nosa toalla de praia.







E no mar.....que nos podemos atopar no mar?
Xogamos con animais mariños, clasificamolos e intentamos adiviñar o nome deles, por sorte tivemos a axuda dun compi da clase que nos puido dicir o nome de case todos e ata que especie de tiburón podía ser.


E xa para rematar, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil deséxanvos......



Deportistas en acción

Durante o presente curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º aprenderon e desfrutaron moito nas clases de Educación Física. O curso comezou con xogos de presentación e cooperativos, para que ambos cursos se coñeceran e o alumnado novo se integrara rapidamente.

Foron moitas as actividades e os xogos que fixeron durante o curso cos que melloraron a condición física, a coordinación, habilidades básicas, específicas, equilibrio, percepción espacial e temporal, e aprenderon a relacionar a actividade física coa saúde e como un medio para divertirse no tempo de lecer.

Tras a práctica do deporte individual de varias modalidades de atletismo, chegou o turno dos deportes colectivos. O primeiro co que comezaron a traballar foi o baloncesto e súas as habilidades. Primeiro a través de circuitos e actividades relacionadas con pases, botes, lanzamentos e pequenas situacións de xogos.






Tras unha aprendizaxe das diferentes habilidades necesarias para as situacións de xogo, comezaron os partidos nos que aplicaron todo o aprendido nas sesións anteriores.




A mellora de parte do alumnado foi moi alta durantes as clases, chegando a meter moi boas canastras, e quen sabe se despertando unha nova afección. Haberá un futuro xogador ou xogadora profesional do baloncesto dentro do noso colexio?




Outro dos deportes colectivos que xogamos durante o curso foi o deporte mais popular do noso entorno, o fútbol. Co traballo deste deporte, melloramos específicamente a coordinación óculo pédica, e promovemos a integración da parte do alumnado que non estaba acostumada a practicar este deporte. 




Despois dunhas sesións para coller coordinación coas conduccións, diferentes tipos de pase e golpeos, e varias situacións xogadas para que logo trasladasen ao xogo, chegaron o turno de amosar todo o aprendido nos partidos.



Cabe destacar a mellora que tiveron algúns alumnos e alumnas que non practicaran o fútbol con anterioridade. Tras o esforzo diario e o interese por mellorar, terminaron sendo un exemplo para o resto, xogando a un bo nivel, cunha participación moi alta e divertíndose cos partidos, noraboa!


mércores, 26 de xuño de 2019

Azul e Bertie lévannos á clase da selva.

Os alumnos e alumnas da clase de 4º de Educación Infantil , estiveronse preparando para pasar á aula da selva e para achegranos un pouquiño a ela, traballamos o conto de Azul e Bertie, co cal dramatizamos cunhas preciosas caretas e posteriormente un cadro coas xirafas.







Bertie, unha xirafa de cor amarela, xunto coa sua manada, adicabase a facer todos os días o mesmo, comer, beber e durmir.


Pero un día, Bertie quedouse durmida, e cando espertou estaba soíña....e púxose moi triste....como ía facer agora para atopar á súa manada?



Por sorte, unha xirafa escoitou a Bertie e acercouse pero....era de cor azul. Unha xirafa de cor azul, Bertie non podía creelo. 



Azul axudou a Bertie a encontrar a súa manada, mentres lle ensinaba fermosas cousiñas polo camiño. Ao chegar a xunto a súa manada, Azul despediuse porque era diferente, pero Bertie animouno a quedarse coa súa manada e ser moi bos amigos. 
Azul aceptou e así foi, a pesar de que era de cor diferente , era unha xirafa e tiñan moitas cousas en común e fixeronse moi bos amigos. 



Esperemos que vos gustase a nosa dramatización porque despois disto xa nos imos á clase da selva. 


A través deste conto, poidemos traballar a nosa cor de pel e as nosas semellanzas e diferenzas ao igual que as preferencias. Reflexionamos sobre a importancia de respetar a todo o mundo e sobre todo dimonos conta que ningún neno ou nena incluída a profe tiñamos a mesma cor de pel. Cada un de nos tiñamos a propia cor pero a pesar diso somos nenos e nenas que nos queremos moito ao igual que Azul e Bertie. 



Vémonos o próximo curso na clase da SELVA. 

FIN DO PROXECTO SEMENTE 2019

O pasado luns, 17 de xuño, os alumnos/as de 5º desfrutaron dunha tarde de ocio cos cartos que gañaron tras o seu esforzo e traballo durante todo o curso no Proxecto Semente.
Foron á bolera de Marineda, xogaron dúas partidas de bolos, merendaron...e pasaron unha tarde estupenda!!!!!!
























Para rematar, fixeron unha doación de 60.80€ a APADAN, unha  Asociación Protectora de Animais Abandoados.


martes, 25 de xuño de 2019

A recollida da nosa hortiña

 O proxecto de traballo na nosa horta chegou ao seu fin. Ao longo do curso, moitos dos alumnos e alumnas do colexio pasaron a axudar co traballo da horta e aprenderon moito sobre o oficio tradicional da agricultura.





 Con boa disposición, a colaboración entre o alumnado foi total. Todos participaron nas distintas tarefas de rego das diferentes hortalizas, remover a terra, prantar as sementes xerminadas, limpar a horta de malas herbas e coidar dos cultivos con  moito agarimo.





Foron pasando os meses, e os nosos alumnos e alumnas déronse conta do duro traballo que se fai nas  aldeas, e os esforzos que se necesitan para ter unha horta limpa e ben coidada. Grazas a este proxecto, agora valóranse máis as familias que teñen avós e avoas que traballan o campo durante todo o ano, e que levan unha vida dedicada a este oficio.







Tras o paso de varios meses, chegou a hora de recoller a nosa colleita. Ao longo do presente curso, fomos vendo como crecían e cambiaban os repolos, nabizas, verzas, brócolis, allos e cebolas. 












Durante a recollida, a parte do noso alumnado facíaselle a boca auga, ulindo o resultado do cultivo de todo o ano e disfrutando do que a nosa hortiña regalounos.




Un oficio tradicional foi levado á práctica durante este curso. Unha moi boa experiencia que os nosos alumnos e alumnas non olvidarán, na que tiveron unha aprendizaxe moi divertida e enriquecedora para todos!


xoves, 20 de xuño de 2019

Despedimonos da señora lingua!

En estimulación da linguaxe neste terceiro trimestre estivemos a facer un montón de actividades para a mellora do mesmo.

As actividades que realizamos eran tan entretidas e divertidas que queremos compartilo con tod@s vós!!









Para despedirnos cantamos o cumpreanos á lingua, sopramos velas e ata comemos bizcocho porque despois de moito traballar coa nosa lingua….temos algo de fame!!


QUE PASADES UN BON VERÁN!
ESPERÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN EN SETEMBRO!

mércores, 19 de xuño de 2019

SOMOS UNS ARTISTAS

O alumnado de Educación Infantil estivo traballando nun proxecto sobre arte e visitou o Museo de Belas Artes da Coruña, para profundizar un pouquiño máis o traballado na aula e tamén para aprender e poder ver de  primeira man outras cousiñas e así obter mais información para poder continuar con este bonito proxecto.

En 4º de Educación Infantil coñecemos as ferramentas dun pintor e familiarizámonos co seu uso, para iso traballamos coa paleta e co pincel creando obras de arte.








Ademais experimentamos outras técnicas de arte, pois pintamos con rolos de papel hixiénico facendo un montón de círculos, ao mesmo tempo que repasábamos a forma xeométrica. 


Por outro lado, xogamos a mesturar as cores e descubrir cores novas coa mesa de luz, á cal,  eles chaman a mesa da maxia pois fai que aparezan cores novas.

 

Tamén experimentamos botando pintura de diferentes cores nunha botella e movéndoa para que fose pintando.  Segundo os seus movementos, poidemos ver que as cores que saíron non eran as mesmas que nos botamos antes. 


Para familiarizarnos un pouquiño co museo a visitar, traballamos o mapa da cidade para ver que posibles camiños había dende o noso colexio ata o museo, e marcámolos de diferentes cores. 


En 5º de Educación Infantil traballamos dende o inicio da primavera no noso proxecto flores con moita arte. Nel coñecemos distintos artístas e distintas técnicas que recollemos neste enlace https://colegio-cid.blogspot.com/2019/06/flores-con-moita-arte.html
A continuación vai un pequeno resumo do que fixemos.


  En 6º de Educación Infantil comezamos coas esculturas ,mellorando así ,o desarrollo expresivo dos máis pequenos ,á vez que potenciamos a psicomotricidade fina e nos divertimos.Como aprendimos que as esculturas é unha arte de modelaxe que emprega distintos materiais (barro, madeira...) nós  desta vez decidimos empregar a plastilina. Quedaron unhas esculturas abraiantes.



  Despois chegou o momento dos cadros do alumnado onde plasmaron as súas obras de arte. Fixemos o noso recuncho con  cadros de todas as temáticas. Éstes peques estanse convertindo en verdadeiros artistas.


 Para rematar observamos moitas obras famosas en distintos museos, na  pantalla dixital, e decantámosnos polo artista Vicent Van Gogh . Pintamos o seu cadro máis famoso : Los girasoles. Sumerxímosnos  na cor e forza deste artista impresionista. Durante os meses de xuño e agosto os xirasois comezan a florecer e como non,na nosa clase tamén. Aquí vos amosamos o noso campo cheíño destas marabillosas flores.




E por fin visitamos o museo de Belas Artes da Coruña , onde poidemos ver diferentes obras, esculturas e por suposto as ferramentas que empregan para facer esas obras de arte. Os mais peques ata poidemos colorear unha obra de arte moi famosa, As mariscadoras, a cal poideron levar ás suas casas.