venres, 14 de xuño de 2019

As ciencias e a Domus.

A semana pasada os nenos e nenas de primeiro e segundo visitaron o museo da Domus. Ademais de aprender moitas cousas, pasárono moi ben. Tanto que non querían marchar do museo.
Coas súas preciosas vistas a cidade da Coruña repasamos as características dunha cidade e poidemos observar tamén claramente o que é unha paisaxe de costa.


Despois aprendemos moitas cousas das Ciencias: o ADN, a nosa evolución dende os homínidos, as ferramentas e diferentes especies da Prehistoria e cómo funciona o noso cerebro e as neuronas : RAMON Y CAJAL : Lunnis de Leyenda




 Tamén para recordar o día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, vimos no cine da Domus, uns cantos vídeos para recordarnos que temos que coidar o noso planeta e do perigo do abuso que estamos facendo dos plásticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario