Amosando publicacións coa etiqueta COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de maio de 2024

DÍA INTERNACIONL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O día 2 de maio celebrouse o día internacional contra o acoso escolar.

O acoso escolar é unha triste realidade entre os nosos nen@s e moz@s que debe preocupar aos centros educativos e ás familias.

O acoso, tamén coñecido polo termo bullying, consiste na marxinación ou abuso de poder dun ou máis estudantes contra outro. Un tema delicado, que adoita ser minimizado ou silenciado, presente dentro e fóra das aulas, xa que fóra do ámbito escolar tamén se dan situacións de acoso escolar (rúas, parques, autobuses), ou a través de Internet (redes sociais, plataformas de videoxogos, chats, grupos..)

Case sempre, é realizado por un ou varios alumnos en grupo con testemuñas que observan, pero poucas veces interveñen por medo a recibir o mesmo trato ou a ter problemas. Entre as testemuñas podemos contar con compañeiros, profesores, comedores, etc.

Entre os tipos de acoso que sofre a vítima destacan o acoso psicolóxico (medo, soidade, baixa autoestima...), verbal (burlas, insultos, ameazas...), social (exclusión, discriminación), material. (roubo ou destrución de pertenzas do fogar vítima), sexual e, coa popularización das redes sociais, ciberacoso.

Dende o noso colexio quixemos contribuír contra isto e ademais de explicar a todo o alumnado o punto laranxa que temos no cole, aproveitamos que un grupo de estudantes con NEAE propuxera unha actividade para realizala todo o colexio. Ésta consistía en facer visionado de vídeos e despois escribir nun papel aquelas palabras feas que non nos gustan recibir nin dicir. Despois, estes papeliños arrugaronse e botaronse no lixo debuxado por eles. Aquí vos deixamos a mostra en fotos do ben que o fixemos tod@s!





                                       







Tanto as familias como os centros educativos somos  os responsables da boa educación dos nen@s, así como da prevención, detección e corrección das condutas abusivas. Polo tanto, é necesaria a colaboración mutua.

martes, 2 de abril de 2024

Recoñecemento como centro referente dos dereitos da infancia por Unicef

 O pasado venres 22 de marzo recibimos a visita de Marta e Ana para explicarnos a importancia que ten ser centro referente en dereitos da infancia e coñecer todo o traballo que fai Unicef especialmente na defensa dos nenos e das nenas de todo o mundo.




Algúns dos nosos alumnos e alumnas tamén participaron e nos deron a coñecer como funciona a Educación no seu país de orixe e do que poden facer eles polos dereitos da infancia. Unhas destas alumnas son dúas nenas de quinto de primaria que se animaron a participar no consello local da infancia de Coruña e recibiron o recoñecemento de Unicef no nome de tod@s @s compañeir@s do colexio.

Información sobre o Cliac

É importante que aprendan dende pequenos a que poden alzar a súa voz  dende o respecto e reivindicar os seus dereitos. Os nenos e nenas da nosa cidade poden trasladar a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.


Tamén tivemos durante unhas semanas unha exposición sobre os dereitos da infancia para coñecer un pouco máis sobre eles e así poidan entender a importancia de defendelos.







Moitísimas gracias a Marta e a Ana pola súa visita. Esperamos que nos poidan volver a visitar para aprender máis sobre Unicef e coñecer todo o que poden facer por nós  e por mellorar a sociedade na que vivimos.



xoves, 14 de marzo de 2024

8 Marzo Día da Muller 2024




O 8 de marzo conmemora a loita das mulleres ao longo da historia e busca recoñecer os logros que acadaron no mundo. Tamén é un día para reflexionar sobre problemas como a violencia machista e concienciar sobre a desigualdade á que se seguen enfrontando as mulleres na actualidade.

Desafortunadamente, esta data tamén nos indica que hai lugares nos que, en pleno século XXI, as mulleres  seguen sen ser escoitadas e aínda se lles impide alcanzar todo o seu potencial, xa que dereitos básicos como o acceso á saúde e á educación seguen sen ser recoñecidos.

Conscientes da importancia desta data para visibilizar as loitas e reivindicacións das mulleres, o alumnado do Colexio Cid reflexionou sobre temas como o feminismo, as desigualdades de xénero, a violencia de xénero e a situación da muller no mundo.

O alumnado de 5º e 6º de EP redactou e leu un manifesto para rebelarse contra as desigualdades e loitar pola participación, o recoñecemento e o empoderamento das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.




 A escola uniuse para reivindicar os dereitos das mulleres a ser diferentes e diversas, a vivir sen medo, o dereito a igual traballo  igualdade salario, o dereito a vivir libres de estereotipos sexistas e a decidir sobre o seu corpo.

 




Cada neno e nena do colexio fixo o seu debuxo ou escribiu a súa frase reivindicando a igualdade de oportunidades e dereitos para todas as persoas, independentemente do seu sexo. Plasmou a súa man para dicir que aínda queda moito por percorrer, pero que seguiremos loitando por un mundo de igualdade e xustiza para todos!

 











Neste día da muller, nos nos esquecemos da escritora Rosalía de Castro, poeta e referente absoluto da cultura galega, na que o 23 de febreiro, data do aniversario do seu nacemento, quixemos renderlle homenaxe con este mural.



 


domingo, 4 de febreiro de 2024

Día da Educación e Día Escolar da Non Violencia e da Paz

 

Este mes celebramos no cole dous días moi importantes: 

O Día Internacional da Educación e o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Teresa de Calcuta dixo “A paz comeza cun sorriso”. E ese sorriso é o que queremos os mestres e mestras do centro para o noso alumnado.

Que tan importante é que veñan felices ao cole!

Nestas semanas cantamos, fixemos mandalas, afondamos na importancia da educación, dos valores como a solidariedade, o compañeirismo, etc. E como remate destas xornadas, saímos ao Paseo das Pontes a celebrar con todos e todas o Día da Paz; alí amosamos as bandeiras, seguindo a proposta de UNICEF, que cada curso elaborou con tanto cariño.

Como broche para este día tan emocionante os nenos e nenas compartiron o que mellor saben facer: cantar, bailar e repartir ledicia con todos e todas.

Feliz día da Paz!



































xoves, 21 de decembro de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE 2023

DÍA DA DISCPACIDADE  
3 DE DECEMBRO DE 2023

"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS SENON DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"

Durante a primeira semana de decembro destinamos o tempo a traballar a discapacidade con diferentes actividades aínda que, non só esta semana senón que durante todo o ano.

Deixamos ver aos nenos e nenas do colexio que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senón que son as barreiras que a sociedade pon.
Para que isto non suceda, é preciso que o noso futuro (nen@s pequenos) estén concienciados sobre este concepto.
Nós, os docentes, debemos traballar cóbado a cóbado con vós, as familias, para garantir que todos os nenos e nenas sexan VALORADOS, INCLUÍDOS, RESPETADOS  independentemente da discapacidade ou non que teñan.
Cremos na aprendizaxe basada en xogos, na aprendizaxe significativa, na aprendizaxe vivencial e para iso propuxemos actividades destinadas a poñernos na pel destas persoas.
Queremos agradecer a colaboración sen ánimo de lucro por parte da ONCE, por vir unha vez máis e compartir con nós materiais, vivencias, tempo...
Aquí vos mostramos un pouquiño do feito en fotos:




















 Para rematar, decirvos que a discapacidade non é un problema de que a ten como característica, nin da súa familia, nin do seu entorno, senón que de toda a sociedade....

Loitemos porque non haxa que visionar estes problemas, que sexan naturais e poidamos ter unhas mentes futuras  convivindo  con valores EXTRAORDINARIOS