xoves, 28 de abril de 2022

Día internacional do libro



 O día Mundial do Libro e dos dereitos de autor  celébrase o 23 de abril e foi decretado pola Unesco co obxectivo de fomentar a lectura, ademais de dar a coñecer o dereito da propiedade intelectual para o autor da súa propia obra literaria.

Durante todo o curso realizamos diferentes actividades para que os nosos peques e xa non tan peques, coñezan os beneficios da lectura e teñan contacto cos diferentes tipos de libros que existen pero esta semana o recordamos dun xeito especial: coñecendo a figura de Miguel de Cervantes, coñecendo a lenda de San Gorge e a tradición de regalar libros e rosas, reflexionando sobre os nosos gustos literarios, con contacontos, coñecendo a biblioteca do cole...















































Tamén celebramos o concurso do marcapáxinas. Gracias a tod@s @s nen@s do cole pola vosa participación e por demostrarnos a vosa creatividade. Sodes uns e unhas artistas!!!!






mércores, 20 de abril de 2022

O mozo Picasso e saída ao Castelo de San Antón

 O pasado venres día 8 de marzo o alumnado de 3º e de 6º de Primaria fixeron sendas visitas culturais a dous espazos moi relevantes da cidade da Coruña.

Dunha banda os cativos de 3º de Primaria visitaron a casa museo de Picasso mentres estivo vivindo na Coruña, e tamén visitamos o instituto Eusebio da Guarda.

 

 

 

 




Por outra banda, o curso de 6º de Primaria realizou unha visita ao Castelo de San Antón, antiga fortificación construída para a defensa da cidade da Coruña, situado fronte o Paseo do Parrote, na coñecida como "Illa da Pena Grande".

A exposición que exhibe o Museo Arqueolóxico e Histórico ten pezas de incalculable valor que abranguen dende as orixes da civilización en Galicia ata a historia máis moderna da cidade e da provincia. Vemos nas fotos as que máis nos chamaron a atención.













Aínda que o día non acompañou, pasamos unha xornada diferente aprendendo na nosa contorna. Recomendamos desde aquí realizar a visita tanto a Casa Museo Picasso coma ao Castelo de San Antón (gratuíto todos os sábados).