mércores, 26 de abril de 2023

Imos de excursión!!!


Estes últimos días, varios cursos realizamos diferentes saídas. Xa sabedes, momentos de aprendizaxe a través de distintas experiencias, que nos abren a mente ao mundo que nos rodea.

Na nosa cidade, temos a sorte de contar con grandes espacios abertos cunha fauna e flora particular (Monte de San Pedro), exposicións temporais nun enclave extraordinario (Meisel 93) e museos interactivos (Casa dos Peixes), concertos didácticos que nos presentan diferentes estilos musicais (Caperucita Roja con ópera), visitas educativas de servizos da comunidade (Policía Local)... Desde o cole, queremos aproveitar a nosa contorna e as actividades que se ofertan para que o alumnado poida empaparse de toda esta diversidade.

Agradecemos sempre a organización destes eventos e a oportunidade de poder levalos adiante.

Deixamos fotos que mostran un pouco do que estamos a falar, porque o mellor destas saídas queda grabado xa na nosa experiencia de vida.

EDUCACIÓN VIAL (5ºEI)


 
CONCERTO DIDÁCTICO CAPERUCITA ROJA
 

 
 O MONTE SAN PEDRO (1º EP)
 







CASA DOS PEIXES (2º EP)









EXPOSICIÓN MEISEL 93 (3º EP)





luns, 24 de abril de 2023

Día do Libro 23 de abril do 2023

DÍA DO LIBRO

Un ano máis celebramos o día do libro. Todos sabemos que a lectura é a base de todo, é importante para todos/as e sobre todo, para nenos/as.
Este día vense celebrando desde 1988. É unha celebración internacional promovida pola UNESCO. Celébrase o 23 de abril, data que coincide coa morte de dous grandes escritores universais: Cervantes e William Shaquespeare.
Este ano, saímos todo o colexio a celebralo ao parque, alí lemos libros e buscamos diferentes  obxectos escondidos. 
Foi unha actividade diferente e lúdica, onde todos o pasamos moi  ben.
Tamén nos visitaron un contacontos e un escritor, do que os/as nenos/as de 5º leron un libro.

Aquí tedes a demostración destas e doutras actividades realizadas esta semana:

















Co contacontos Benxamín








Co escritor Pere Tobaruela

                                            


                                                                                        

                                  No parque












                                                       
                                                                               

                                                               





E como dixo Enrique Tierno Galván,

"Máis libros, máis libres".

xoves, 13 de abril de 2023

TERAPIA ASISTIDA

Este ano en Educación Infantil tivemos a sorte de contar co equipo de Candamin que desenvolveron no noso Colexio sete sesións de terapia asistida con cans cheas de xogos e maxia.

As Terapias Asistidas con Animais (TAA) son intervencións dirixidas por profesionais cualificados da saúde nas que se incorpora o can no proceso rehabilitador como ferramenta motivadora.

Usuario, terapeuta, guía e can son os catro elementos presentes na intervención e todos interactúan entre si. A través das sesións conseguimos beneficios físicos, psíquicos, psicolóxicos, cognitivos e sociais.









 

Grazas Lucía, Julia, Nata e Uva por esta gran experiencia, pois como dicía Jean Lacroix...

“hai palabras que nos cambian a vida, pero hai ladridos que nos cambian a alma”.

mércores, 5 de abril de 2023

7 de abril Día mundial da saúde

O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal.  Esta data foi a elixida porque xustamente no ano 1948 fundouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) ese mesmo día.

Este ano nos coincide nas vacacións de Semana Santa, pero antes de marcharnos a descansar e recargar enerxías para o último trimestre, estivemos recordando e celebrando esta data tan importante.

Este curso, ademais de recordar a importancia de manter unha boa hixiene para estar sans, estivemos traballando a nosa autoestima e a nosa saúde emocional, a través de diferentes actividades e coa lectura e reflexión do conto de Anna Llenas, " La joya interior". 

Aquí podedes ver algunhas desas actividades.













Consideramos que neste tempo de tanta tecnoloxía e na que o mundo avanza tan rápido, é imprescindible pararse de vez en cando e desfrutar coa familia de pequenos momentos de calma, de xogo ou dun paseo pola natureza para mellorar a nosa saúde tanto física como emocional.

Pequenos momentos de calma para desfrutar en familia (pulsa neste enlace).

 

 Desexamos que esteades desfrutando dalgún destes momentos nestas vacacións!