sábado, 1 de abril de 2023

Concerto Didáctico "Walt y Diana. El viaje continúa"

 O proxecto educativo Son Futuro da Orquestra Sinfónica de Galicia desenvolve unha serie de concertos didácticos ao longo do curso para achegar formación musical ao alumnado da contorna. Esta semana foi a quenda de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que asistiron venres e mércores, respectivamente, ao concerto "Walt y Diana. El viaje continúa".

Durante os 50 minutos que durou o espectáculo desfrutamos da sonoridade da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Fernando Briones, acompañada por dous cantantes solistas e o Coro Xoven da Orquestra e todo isto narrado polo cómico e guionista coruñés Víctor Grande.

Escoitamos, cantamos e tamén bailamos algúns dos temas máis coñecidos das películas de Disney. Incluso lembramos o noso Festival de Nadal coa música da familia Madrigal!

Deixamos unhas fotos que aínda que non logran captar o ben que o pasamos, demostran que a nosa actitude si que foi a mellor posible!








Ningún comentario:

Publicar un comentario