luns, 28 de febreiro de 2022

Entroido 2022 CPR CID

 



Como todos os anos... chegou o Entroido! e no colexio celebrámolo como se merecía. Durante esta semana, cos nosos rapaces e rapazas, seguimos os mandados do Meco, xogamos, fixemos máscaras, bailamos e sobre todo... disfrazámonos.



E coma sempre contamos coa gran colaboración das familias das alumnas e alumnos do colexio.  Moitas grazas! Sen vos todo isto non sería o mesmo.

Aquí tedes as fotos desta gran semana de celebración:

4º EI





5º EI







6º EI

 







1º EP






2º EP






                     

3º EP

  


   



4ºEP



5º EP








 









6º EP



               





venres, 25 de febreiro de 2022

BOLSAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-2023

El Concello da Coruña aprueba unas bases "más amplias" de las becas comedor  | Actualidad | Cadena SER 

O 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

Os impresos facilitaranse na secretaría do centro (previa cita 981 255 244) e estarán tamén dispoñibles nos seguintes enlaces do concello, onde tamén teredes máis información:

-na sede electrónica 

-na web de servizos socias

A solicitude e a documentación a achegar, poderá presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na  solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.