venres, 26 de febreiro de 2021

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Dende o día 1 ata o 22 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2021-2022.

Impreso solicitude (Anexo II) 

As solicitudes deberán ser presentadas na Secretaría do Centro, con previa cita, acompañadas de:

  • Copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.   
  • De non ser o primeiro ano de escolarización deberán presentar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

 Solicitude na web 

 Letra desempate

 Normativa

Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando  mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (telf.: 981 255 244  @: cpr.cid@edu.xunta.es).

                                                                       (Pincha na imaxe)

martes, 16 de febreiro de 2021


 

E como este ano non ía ser menos...chegou o noso fantástico Entroido! Moi diferente ao doutros anos e sen poder celebralo todos/as xuntos/as pero cas máscadas non nos quiten o sorriso!
Puidemos desfrutar dos nosos orixinais disfraces e do espectacular día co noso grupo de aula.

Esperamos que vos gusten  as fotos.

Feliz Entroido familias!
























(Preme na imaxe)





martes, 9 de febreiro de 2021

Día Escolar da Non-violencia e a Paz


O día 30 de xaneiro celebramos o día da Non-violencia e a Paz. Foi elixido este día porque coincide coa conmemoración da morte do pacifista Mahatma Gandhi, líder espiritual e nacional da India, asasinado por un integrista hindú.

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993.

A idea xurde da iniciativa do profesor español (mallorquino) Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Neste día, os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O colexio Cid, como vimos facendo todos os anos, tamén celebramos este día. Fixemos un mural no que participaron todos os nenos/as e outros traballos nas diferentes aulas.

Deixámosvos fotos deles.



                                                 Infantil





                                                       1º




















Deixámosvos  tamén para ver uns vídeos de música: