martes, 9 de febreiro de 2021

Día Escolar da Non-violencia e a Paz


O día 30 de xaneiro celebramos o día da Non-violencia e a Paz. Foi elixido este día porque coincide coa conmemoración da morte do pacifista Mahatma Gandhi, líder espiritual e nacional da India, asasinado por un integrista hindú.

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993.

A idea xurde da iniciativa do profesor español (mallorquino) Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Neste día, os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O colexio Cid, como vimos facendo todos os anos, tamén celebramos este día. Fixemos un mural no que participaron todos os nenos/as e outros traballos nas diferentes aulas.

Deixámosvos fotos deles.



                                                 Infantil





                                                       1º




















Deixámosvos  tamén para ver uns vídeos de música:
 




 







Ningún comentario:

Publicar un comentario