luns, 29 de novembro de 2021

25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día internacional contra a Violencia de Xénero. Gustaríanos que o 25 N fose respectado no día a día, lembrando que non soamente a  violencia  física fai dano, senón que hai outros tipos de agresións como a verbal, a física, a colectiva, a sexual... que tamén sufrimos e  gustaríanos que non se manifestara en ningún ámbito. Polo tanto, temos unha gran labor nas nosas  mans para frear esta situación e axudar a previr a violencia de xénero. Tomemos conciencia do que está a pasar na sociedade mundialmente.

          AXUDEMOS A FOMENTAR O RESPECTO E A IGUALDADE ENTRE SEXOS !

En Educación Infantil e Primaria concienciámonos do importante que é non sufrir ningún tipo de violencia. Este ano fixemos máis fincapé na violencia verbal xa que as palabras tamén fan dano e temos que evitalo, ao igual que, se en algún momento  recibimos eses insultos non debemos deixar que nos afecten emocionalmente. Para iso traballouse co alumnado o lado oposto da violencia verbal, é dicir, as apreciacións positivas e estreamos in situ o recuncho de resolución de conflitos. 


 


Dende moi pequenos debemos de ensinar en igualdade e para iso traballamos todos os días na aula, pero con motivo do 25N incidimos moito máis, coa axuda de algúns contos como Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e André Neves, Yo voy conmigo de Raquel Reguera e diferentes actividades para traballar aspectos como a autoestima, a aceptación de nós mesmos e ser algo máis do que os demais nos din que debemos ser. 











Dende primaria continuamos traballando moitos aspectos tan importantes como o respecto, igualdade e liberdade de expresión. 



















Pedimos na  árbore dos desexos que este ano remate coa violencia e poidamos desfrutar dun 2022 con moito respecto entre todos. 


Queremos que a palabra maltrato soamente a poidamos ler nos libros de historia porque as novas xeracións deben poñer límites, alzar a voz e denunciar aquelo que vai contra os dereitos humanos. Polo tanto, contribuímos a que o noso alumnado sexa VALENTE nas súas decisións e LIBRES. 

Non esquezan, as súas fillas e os seus fillos, necesitan de mostras diarias de agarimo e afecto para que poidan transmitilo a modo de bicos, apertas e palabras inofensivas.

















venres, 19 de novembro de 2021

 


DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA


A Convención dos Dereitos do Neno foi aprobada pola Asamblea

Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989. Dende entón 

celébrase todos os anos.


É unha data para recordar, non este día nada máis, senón todos os 

días do ano... Os nenos e nenas teñen uns dereitos que nin as 

institucións, nin a sociedade, nin as familias deben esquecer.

Aínda que pareza mentira, o maltrato infantil e a despreocupación da

infancia, segue existindo. Non se pode permitir!


Na imaxe aparecen algúns destes dereitos:


 
Aparte de traballar sobre os dereitos este ano celebrámolo, o venres

día 19, vindo ao colexio en pixama.



















                          




Os nen@s de E.I. puxeron unha vez máis, as súas habilidades a proba, traballando arreo e disfrutando dun día especial.
Pero como non iba a ser doutra maneira, os de E.P. non se quedaron atrás. Pódese comprobar a súa participación, nesta reportaxe fotográfica.












































Tamén o profesorado quixo como sempre colaborar.