Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día internacional contra a Violencia de Xénero. Gustaríanos que o 25 N fose respectado no día a día, lembrando que non soamente a violencia física fai dano, senón que hai outros tipos de agresións como a verbal, a física, a colectiva, a sexual... que tamén sufrimos e gustaríanos que non se manifestara en ningún ámbito. Polo tanto, temos unha gran labor nas nosas mans para frear esta situación e axudar a previr a violencia de xénero. Tomemos conciencia do que está a pasar na sociedade mundialmente.
AXUDEMOS A FOMENTAR O RESPECTO E A IGUALDADE ENTRE SEXOS !
En Educación Infantil e Primaria concienciámonos do importante que é non sufrir ningún tipo de violencia. Este ano fixemos máis fincapé na violencia verbal xa que as palabras tamén fan dano e temos que evitalo, ao igual que, se en algún momento recibimos eses insultos non debemos deixar que nos afecten emocionalmente. Para iso traballouse co alumnado o lado oposto da violencia verbal, é dicir, as apreciacións positivas e estreamos in situ o recuncho de resolución de conflitos.
Dende moi pequenos debemos de ensinar en igualdade e para iso traballamos todos os días na aula, pero con motivo do 25N incidimos moito máis, coa axuda de algúns contos como Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e André Neves, Yo voy conmigo de Raquel Reguera e diferentes actividades para traballar aspectos como a autoestima, a aceptación de nós mesmos e ser algo máis do que os demais nos din que debemos ser.
Dende primaria continuamos traballando moitos aspectos tan importantes como o respecto, igualdade e liberdade de expresión.
Non esquezan, as súas fillas e os seus fillos, necesitan de mostras diarias de agarimo e afecto para que poidan transmitilo a modo de bicos, apertas e palabras inofensivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario