luns, 6 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Como cada 3 de decembro, conmemoramos o Día internacional das persoas con Discapacidade, proclamado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións unidas para promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade e do desenvolvemento, así como realizar unha labor de concienciación sobre tódolos aspectos da vida das persoas con capacidades diferentes.

Un dos obxectivos principais deste día é movilizar o apoio á inclusión das persoas con discapacidade, reivindicando a accesibilidade para todos e todas. Resulta fundamental a colaboración con organizacións que dan soporte a persoas con discapacidade, sobre todo dende a crise provocada pola COVID-19, que agrabou as desigualdades existentes e, polo tanto, aumentou a necesidade de incluír ás persoas con discapacidade, xa que son un dos grupos con maior risco de exclusión e máis afectados pola crise da pandemia.

Dende o centro, tratamos de concienciar ao alumnado propiciando o coñecemento dos diferentes tipos de discapacidade existentes e traballando valores como a empatía, o respecto e a tolerancia a través de diversas actividades coma xogos inclusivos ("O lazarillo"), o visionado de curtametraxes ("Cuerdas", "Por cuatro esquinitas de nada"), películas ("Campeones"), contos inclusivos ("Elmer", "El cazo de Lorenzo") visionado de xogos paraolímpicos e tamén manipulando materiais adaptados coma por exemplo achegándonos á lectoescritura en braille, escribindo os nosos nomes nesta linguaxe e ollando libros facilitados pola fundación ONCE.

 



 




























Ningún comentario:

Publicar un comentario