martes, 29 de setembro de 2020

Equipo TIC

 Ola a todos/as

Este ano como novidade  no colexio empregaremos contas de Google  Suite  para  Educación  co  obxectivo  de  apoiar  as  funcións  de comunicación  de  todo  o  profesorado,  do alumnado e das familias .

A  diferencia  das  contas  que  ofrece  Google  os  servizos  están  baixo o  dominio colexiocid.com e  inclúen  os  seguientes servizos  integrados:  

  • Gmail
  • Google  Calendar  (calendarios  compartidos)
  • Google  Drive  (aloxamento  de documentos,  follas  de  cálculo  e  colaboración  online)
  • Hangouts (sistema de mensaxería e videoconferencia)
  • Meet (sistema videoconferencia)

 Ao longo dos vindeiros días iremos colgando unha serie de vídeos para que vexades a súa funcionalidade.


Polo de agora subimos o vídeo para a activación da conta:


(Preme na imaxe)


Para calquera dúbida ou incidencia dirixídevos ao seguinte correo electrónico.


gestion@colexiocid.com 


Un saúdo.



martes, 22 de setembro de 2020

Inicio de curso 2020-2021

 Levamos case dúas semanas de clase  e pouco a pouco comezamos a familiarizarnos coas novas rutinas de hixiene e seguridade que son tan importantes para a nosa convivencia.

Durante estas semanas, nos diferentes cursos, estivemos a coñecer as novas normas de organización e funcionamento do centro así como as novas sinalizacións dos espazos comúns.






Realizáronse actividades de prevención, hixiene e protección para coidarnos pero tamén para coidar aos que nos rodean. 

O alumnado de 6º realizou o Rap "Lávate las manos" para os peques do cole (esperamos que vos guste)





E o máis importante, realizáronse actividades onde as emocións foron as protagonistas.

Cada neno/a leva candasúa mochila emocional que lle fará totalmente diferente aos demais e lle fará sentir e percibir o mundo de maneira distinta. 

Coñecer e entender os nosos sentimentos e os dos compañeiros/as é primordial para aprender a autorregularnos cando sexa preciso.















Unha aperta familias!




mércores, 9 de setembro de 2020

Benvidos/as ao novo curso 2020-2021

 

Un ano máis queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo curso escolar, este un pouco diferente e especial a outros.

Todo o equipo directivo, o equipo docente e o persoal non docente estivemos a traballar a fondo para adecuar o colexio a nova realidade que nos está tocando vivir.

Para a seguridade de todos e todas, e conseguir un bo funcionamento do centro, elaborouse un "Protocolo COVID-19" (suxeito ás modificacións pertinentes ditaminadas pola consellería)  que todos e todas debemos coñecer e respectar.

A continuación vos mostramos un resumo do mesmo:










Este xoves día 10 comenzarán 4º e 5º de Educación Infantil e 1º,2 e 3º de Educación Primaria.

E o venres día 11 comezará 6º de Educación Infantil e 4º, 5 e 6º de Educación Primaria.



Folla de Autoenquisa


Un saúdo