mércores, 23 de decembro de 2020

Bo Nadal!

 E chegou decembro...

Despois deste primeiro trimestre cheo de grandes cambios, traballo e esforzo é o momento de descansar e de desfrutar dos nosos.

Todos os anos celebrábamos estas datas cun festival con todas as familias e este ano non vai a ser menos.

Deixámosvos os vídeos das actuacións que os nosos nenos e nenas puideron ver hoxe no colexio e desexamos esperamos que vos gusten.










Vémonos en xaneiro coas pilas recargadas


Debuxo realizado por Lola Chans Castro de 5º de Ed. Infantil




10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


No ano 1948, a Asamblea Xeral da ONU, proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Dende entón, celebramos cada 10 de decembro do 1948, o Día Dos Dereitos Humanos para recordar os “actos de barbarie para a conciencia da humanidade”, cometidos durante a Segunda Guerra Mundial.

En moitos casos, serviron e serven para as leis e normas nacionais e internacionais, como compromiso dos Estados, pero a pesares do paso dos anos, queda moitísimo por percorrer.

Todos esos dereitos son esenciais para o desenvolvemento de todos os seres humáns, sin distinción de nacionalidade, sexo, raza, relixión ou lingua.

Unha vez máis, o centro realizou diferentes actividades segundo o curso, todas elas coa finalidade de educar e concienciar aos alumnos. Nós podemos aportar o noso graíño cada día, empezando polas persoas que temos máis preto, no noso entorno, na nosa casa, “ na nosa familia escolar".







sábado, 19 de decembro de 2020

3 DE DECEMBRO , DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das mesmas.

Dende o colexio programamos unha serie de actividades para conmemorar este día.

Con elas, pretendemos incidir na concienciación, xa que moitas veces o descoñecemento e a ignorancia acerca das discapacidades, lévanos á discriminación das persoas con capacidades diferentes. Tamén quixemos transmitir que este día non só é para estas persoas senón que é  "UN DÍA PARA TOD@S"  xa que, este era o lema da campaña 2020 para este día. Todos nós, experimentamos unha discapacidade temporal nalgún momento das nosas vidas e que forma parte das nosas vidas.

As actividades que se levaron a cabo, achegaron ao alumnado á diversidade que nos rodea día a día; e nós ,como profesorado, educamos en igualdade xa que así, estamos educando en inclusión.

Tivemos o gran privilexio de poder contar cunha persoa traballadora da ONCE con discapacidade visual a cal nos contou o seu día a día, dende que se levanta ata que se deita e trouxo material e instrumentos para poder vivenciar momentos. Houbo cousas moi interesantes e estamos eternamente agradecid@s.

En educación infantil, traballaron este día a través do conto "UN MAR DE COLOR" de Pilar Torres Vega que podedes ler no seguinte enlace se vos gustaría volver a ler cos vosos fill@s . CONTO

 


A continuación deixámosvos unhas fotos para que votedes un ollo  ao gran aprendizaxe que nos deixan as experiencias.









Na materia de Educación física tivemos a oportunidade de poñernos no lugar do outro e traballar ademáis das distintas discapacidades, a EMPATÍA.









Tamén puidemos practicar a linguaxe de signos , empregada polas persoas con discapacidade auditiva. Aquí vos deixamos un enlace que podedes pincha e vernos en acción.  
Esperamos  que vos guste, que poidades volver a velo cos vosos nen@s e poidan contarvos que recordo teñen e que foi o que máis lles gustou ou non.

venres, 11 de decembro de 2020

 


Día Internacional contra

 a Violencia de Xénero


O 25 de novembro foi declarado pola Asamblea Xeral da ONU como Día Internacional contra a Violencia de Xénero para denunciar a violencia machista que se exerce contra as mulleres en todo o mundo.

Dende o colexio mostramos apoio ás mulleres nas súas loitas contra toda clase de violencia e solidarizámonos coas mulleres que a padecen. Educamos ao noso alumnado en valores, empatía e igualdade, para que  saiban recoñecer nos demais persoas a quen hai que respectar. 

Nesta data realizamos diferentes actividades. Aquí vos deixamos un conto que nos serviu de guía para aprender que as relacións de parella deben de ser igualitarias e o respeto é a base de calquera tipo de relación.


Deixamos unha mostra dos traballo realizados:
















E aquí unha serie de actuacións preparadas na materia de música, recordade premer na imaxe:














sábado, 28 de novembro de 2020

20 de novembro: Día internacional dos dereitos da infancia

O 20 de novembro  é unha data moi significativa pero que debemos lembrar todos os días do ano...As nosas cativas e os nosos cativos teñen uns dereitos que nin institucións, nin familias deben esquecer.
O maltrato e a despreocupación da infancia séguese dando na nosa sociedade e non se pode permitir!
O alumnado de hoxe será o futuro de mañá e debemos ensinar e protexer con agarimo e dedicación. As vosas fillas e os vosos fillos medrarán máis fortes e non empregarán a violencia no seu día a día.

A continuación podedes ver, como reflexaron nos seus traballos, de forma libre os sentimentos e sensacións, despois das propostas dos titores, chegando á conclusión de que todos anelan o mesmo: OS ADULTOS DEBEN CUMPRIR OS DEREITOS DA INFANCIA!!

Esperemos que vos gusten as actividades dalgúns dos dereitos da infancia, pero sobre todo que vos faga reflexionar para facelo cada día un pouco mellor entre todas e todos. 

 
Dereito á igualdade

Todas e todos teñen dereito a unha igualdade sen destinción de raza, relixión, idioma, nacionalidade, sexo, opinión política ou outros rasgos, pois todas e todos somos iguais. 
 
 
 





                                    Dereito á alimentación

 Unha nutrición adecuada na idade escolar é moi importante. As nenas e os nenos deben ter garantizada por todos os membros dunha sociedade unha alimentación suficiente, duradeira e en condicións saudables. 
 
Dereito á educación
 
Teñen dereito a unha educación digna para adquirir coñecementos e así poder desenvolverse como adultos nun marco social, económico e cultural en todas as sociedades.  
                                    
Dereito ao xogo

Debemos recordar e transmitir á importancia do xogo na vida das nenas e dos nenos, pois constrúe o noso corpo, axuda nas capacidades da linguaxe, sociabilizan, aprenden normas e valores e sobre todo son moi felices aprendendo. 

                                        Dereito á saúde

Disfrutar de boa saúde é un dereito fundamental para as vosas e os vosos peques, polo tanto debemos coidalos porque son seres moi vulnerables. Coidado de saúde engloba o benestar físico, mental e social, para poder medrar con boa calidade de vida. 


                                     Dereito á identidade

Dende que nacemos é un dereito que como membro dunha sociedade non nos poden privar, polo tanto o noso nome, apelidos  ,nacionalidade é saber quen son os nosos pais. Todo isto representa o recoñecemento oficial da nosa existencia e os nosos dereitos.

 

 Dereito á protección

As nenas e os nenos teñen dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que persegue o seu benestar. Nin o maltrato, a discriminación e a explotación está permitido.

                                                     

 A infancia é o eslabón máis débil da sociedade e debemos apoiala e respetala.


O teléfono de axuda á infancia é unha línea gratuíta que está operativa durante todo o ano, as 24 horas do día e o seu número é o 900333666. Neste teléfono atoparán sempre un profesional á disposición das nenas e dos nenos, que intentarán buscar a mellor solución para cada caso . 


martes, 17 de novembro de 2020

Que importante é...

 Manter a nosa cultura, costumes e tradicións galegas xa que nelas podemos atopar as repostas da nosa forma de expresarnos, a nosa linguaxe, a nosa forma de ver e responder ante as cousas, a nosa gastronomía e os nosos gustos .


Un ano máis, e a pesar da realidade que estamos a vivir, quixemos celebrar a festa máis típica do outono, o Magosto, onde grande e pequenos puideron degustar deste rico froito asado, e ben quentiño.

Aquí tedes unha mostra do noso magosto:


Educación infantil:












Educación Primaria:










Tamén celebramos o día as letras Galegas, normalmente celébranse o 17 de maio pero este ano pospúxose. 

Por que celebramos este día?

Pois para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da nosa lingua.

Este ano a persoa homenaxeada é Ricardo Carballo Calero, profesor e escritor galego e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da universidade.



Tedes máis información premendo na imaxe









Aproveitamos para ensinarvos  as cancións traballadas en música do Samaín.
Esperamos que vos gusten!