O día 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das mesmas.
Dende o colexio programamos unha serie de actividades para conmemorar este día.
Con elas, pretendemos incidir na concienciación, xa que moitas veces o descoñecemento e a ignorancia acerca das discapacidades, lévanos á discriminación das persoas con capacidades diferentes. Tamén quixemos transmitir que este día non só é para estas persoas senón que é "UN DÍA PARA TOD@S" xa que, este era o lema da campaña 2020 para este día. Todos nós, experimentamos unha discapacidade temporal nalgún momento das nosas vidas e que forma parte das nosas vidas.
As actividades que se levaron a cabo, achegaron ao alumnado á diversidade que nos rodea día a día; e nós ,como profesorado, educamos en igualdade xa que así, estamos educando en inclusión.
Tivemos o gran privilexio de poder contar cunha persoa traballadora da ONCE con discapacidade visual a cal nos contou o seu día a día, dende que se levanta ata que se deita e trouxo material e instrumentos para poder vivenciar momentos. Houbo cousas moi interesantes e estamos eternamente agradecid@s.
En educación infantil, traballaron este día a través do conto "UN MAR DE COLOR" de Pilar Torres Vega que podedes ler no seguinte enlace se vos gustaría volver a ler cos vosos fill@s . CONTO
A continuación deixámosvos unhas fotos para que votedes un ollo ao gran aprendizaxe que nos deixan as experiencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario