venres, 29 de xaneiro de 2021

Adeus ó primeiro trimestre de Educación Infantil

 Ola familias!!

Durante o primeiro trimestre estivemos traballando moito, por iso queremos compartilo con vós para que poidades ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na aula. Foron auténticos heroes e heroínas pois as dinámicas cambiaron moito e adaptáronse moi ben.  

Nestas actividades poderedes ver como realizaron tarefas de lóxica-matemática, conceptos abstractos, lecto-escritura, manipulación sensorial, elementos naturais, cantigas e bailes, psicomotricidade fina e mooooooooooooooooita ilusión. 


Esperemos que desfrutedes tanto coma nós...













                                               ( Dádelle doble clic e accededes o vídeo)



   Un saúdo das mestras de Educación Infantil 







luns, 11 de xaneiro de 2021

RESERVA PRAZA curso 2021-2022

 IES Rafael Dieste

A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o Anexo I  na Secretaría do colexio con cita previa (981 255 244). 

Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega. 

O prazo é do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.