Estructura Organizativa curso 26-27

Estrutura organizativa do curso 2026-2027

O Colexio CID inicia o curso 2026-2027 cunha estrutura organizativa pensada para garantir unha atención próxima ao alumnado, unha boa coordinación entre as distintas etapas e un acompañamento continuo ás familias.

O traballo das titorías complétase co profesorado especialista nas áreas de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Lingua Inglesa, Educación Física e Educación Musical, favorecendo unha resposta educativa coordinada e adaptada ás necesidades do noso alumnado.

Un equipo que afronta o novo curso co obxectivo común de seguir construíndo unha escola próxima, inclusiva e comprometida coa educación integral de cada neno e nena.