venres, 24 de decembro de 2021

XA CHEGOU O NADAL!!!!

Como cada ano xa chegou o Nadal, e é tempo de celebrar e renovar ilusións de cara o vindeiro ano. 

Aquí deixámosvos uns vídeos feitos con moito agarimo polos nosos nenos e o profesorado do colexio. Desexamos que vos gusten.

https://drive.google.com/file/d/1h8HHrb2iUxha7xrJCNffxh5ZVjf1UcPC/view?usp=sharing
 


Tamén recibimos esta menxase do noso gran amigo Papá Noel.


Ademáis tamén podedes ver aquí un resumo das actividades que fixemos estes días en cada un dos cursos.

En primeiro lugar os nosos nen@s de Infantil
















e tamén os nosos alumn@s de Primaria.























Esperamos que vos gustaran os vídeos e fotos e aproveitamos para felicitarvos o Nadal e dexesarvos un bo inicio de ano 2022!!!!!!




luns, 6 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Como cada 3 de decembro, conmemoramos o Día internacional das persoas con Discapacidade, proclamado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións unidas para promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade e do desenvolvemento, así como realizar unha labor de concienciación sobre tódolos aspectos da vida das persoas con capacidades diferentes.

Un dos obxectivos principais deste día é movilizar o apoio á inclusión das persoas con discapacidade, reivindicando a accesibilidade para todos e todas. Resulta fundamental a colaboración con organizacións que dan soporte a persoas con discapacidade, sobre todo dende a crise provocada pola COVID-19, que agrabou as desigualdades existentes e, polo tanto, aumentou a necesidade de incluír ás persoas con discapacidade, xa que son un dos grupos con maior risco de exclusión e máis afectados pola crise da pandemia.

Dende o centro, tratamos de concienciar ao alumnado propiciando o coñecemento dos diferentes tipos de discapacidade existentes e traballando valores como a empatía, o respecto e a tolerancia a través de diversas actividades coma xogos inclusivos ("O lazarillo"), o visionado de curtametraxes ("Cuerdas", "Por cuatro esquinitas de nada"), películas ("Campeones"), contos inclusivos ("Elmer", "El cazo de Lorenzo") visionado de xogos paraolímpicos e tamén manipulando materiais adaptados coma por exemplo achegándonos á lectoescritura en braille, escribindo os nosos nomes nesta linguaxe e ollando libros facilitados pola fundación ONCE.