luns, 29 de outubro de 2018

RECOMENDACIÓNS DO SAMAÍN

Este ano Tico vos recomenda lecturas para o Samaín dun xeito moi especial. Tedes que xirar estas lápidas para resucitar os libros que se atopan agochados e descubrir así aventuras terroríficas.

ESTREAMOS OS NOSOS MANTÉIS

O curso vai avanzando e os peques de 3 anos, ímos collendo máis rutinas e hábitos de hixiene, por iso elaboramos o noso mantel personalizado, con moita atención e coidado ao mesmo tempo que nos imos familiarizando co noso nome.
Cada peque ten un matel co seu propio nome e o encargad@ do día coa axuda dos compis entregao a cada un e despois de merendar, asegurámonos que quede todo limpo e recollido.



Aqui tedes a mostra da inauguración dos nosos mantéis, o venres, o día de merenda libre .

Ímos collendo responsabilidades e facéndonos cada vez máis autónomos. 

sábado, 20 de outubro de 2018

A NOSA CARA

Despois de ver que o Polo Pepe tiña ollos e pico na súa cara, mirámonos ao espello para ver se nos tiñamos o mesmo...pero nooon!!
Puidemos ver que tiñamos ollos, nariz,boca, orellas...e para iso aprendimos unha canción que nos gustou moito que nos axudaba a aprender e recordar o que tiñamos na nosa cara mentres xogábamos.


martes, 16 de outubro de 2018

O Polo Pepe



Que emoción!!! 

POLO PEPE recibiu ás nenas e ós nenos de 4º de EI. Puidemos ver que era amarelo, que tiña pico, patas e ás e cando xa pensábamos que o sabíamos todo sobre el…apareceu na clase un niño cun ovo e un pitiño moi pequeno. Non nos podíamos imaxinar o por qué... pensamos que unha vaca pisara o ovo ao comer a herba, que o rompera un can…pero que facía alí o pitiño?? Como non o sabíamos decidimos pedir axuda á familia, aos amigos, aos  veciños…e descubrimos que o Polo Pepe quería dicirnos que os pitiños nacen dun ovo. 

Aquí vos mostramos un pequeno resumo do que fixemos.

Moitas gracias pola vosa colaboración nesta pequena investigación!!

luns, 15 de outubro de 2018

Lávate as mans





Hoxe ,15 de outubro,  celébrase o Día Mundial do lavado das mans para concienciar da importancia que ten un xesto tan sinxelo coma este para protexer a nosa saúde.


Varias clases traballaron sobre a importancia de lavarse as mans en momentos clave do día coma antes de manipular alimentos, antes de comer ou despois de ir ao baño. 

Empregando as TIC buscaron información e fixeron divertidas mensaxes .







A nosa selva

Estamos na clase da selva!!

E como en toda selva debería de haber animaliños, puxémosnos mans á obra.


Comezamos coñecendo e pintando xirafas...


seguimos co conto do libro da selva con Mowgli e Baloo...



e tamén coñecimos a uns moniños moi simpáticos!!



Esta clase está feita unha selva!!!

mércores, 10 de outubro de 2018

MALETAS VIAXEIRAS

Boas de novo rapaces!!!!!  

Este ano preparei dúas maletas viaxeiras que podedes levar á casa e compartir coa vosa familia. Nelas hai libros moi diferentes: dende cómics e libros de poesía, ata libros de receitas e manualidades pasando por contos en inglés, contos de educación emocional ou contos con música.

Tedes dúas semanas para que  lles botedes unha ollada a todo o material ou para que os vosos pais, nais ou avós vos lean algún dos marabillosos contos que incluímos nestas maletas. Tamén hai uns cadernos viaxeiros nos que podedes escribir, debuxar ou pegar fotos e darvos a vosa opinión sobre esta actividade.

Se queredes levar algunha das maletas só tedes que poñervos en contacto coa mestra Marta e se sodes os máis pequechos do cole, os vosos pais,nais ou avós deben falar con ela.



Comezamos esta nova aventura!!!!!

            

















Esperamos que vos gusten a todos!!!!