Amosando publicacións coa etiqueta ESPÍRITO SOLIDARIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESPÍRITO SOLIDARIO. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de decembro de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE 2023

DÍA DA DISCPACIDADE  
3 DE DECEMBRO DE 2023

"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS SENON DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"

Durante a primeira semana de decembro destinamos o tempo a traballar a discapacidade con diferentes actividades aínda que, non só esta semana senón que durante todo o ano.

Deixamos ver aos nenos e nenas do colexio que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senón que son as barreiras que a sociedade pon.
Para que isto non suceda, é preciso que o noso futuro (nen@s pequenos) estén concienciados sobre este concepto.
Nós, os docentes, debemos traballar cóbado a cóbado con vós, as familias, para garantir que todos os nenos e nenas sexan VALORADOS, INCLUÍDOS, RESPETADOS  independentemente da discapacidade ou non que teñan.
Cremos na aprendizaxe basada en xogos, na aprendizaxe significativa, na aprendizaxe vivencial e para iso propuxemos actividades destinadas a poñernos na pel destas persoas.
Queremos agradecer a colaboración sen ánimo de lucro por parte da ONCE, por vir unha vez máis e compartir con nós materiais, vivencias, tempo...
Aquí vos mostramos un pouquiño do feito en fotos:




















 Para rematar, decirvos que a discapacidade non é un problema de que a ten como característica, nin da súa familia, nin do seu entorno, senón que de toda a sociedade....

Loitemos porque non haxa que visionar estes problemas, que sexan naturais e poidamos ter unhas mentes futuras  convivindo  con valores EXTRAORDINARIOS

luns, 14 de outubro de 2019

Benvidas e benvidos á aula de 4º de Educación Infantil

Un ano máis damos a benvida ao alumnado de 3 aniños e ás súas familias. Os comezos e os cambios nunca foron doados , pero si se pode axudar a que sexan o mais agradables posibles. Por este motivo, queremos invitarvos a todas e todos,  a que poidades ver que estivemos a facer,  na nosa aula durante este tempo  e darvos as gracias por confiar en nós, nunha das etapas tan importantes para as vosas fillas e fillos, como é a Educación Infantil.


Durante este tempo as nenas e os nenos:
  • Xogamos e interaccionamos cos compis da clase e cos de 5º e 6º de E.Infantil, quenes nos ensinan xogos no recreo e a respetar as quendas para ir ao tobogán, á casa....

 


  • Iniciámonos nas rutinas,xa que son tan importantes para as nenas e os nenos  como a hora de ir o baño, a hora do conto,  marcar o tempo atmosférico, ir ao recreo, volta á calma... para sentirse seguros e tranquilos no seu ambiente,neste caso, na escola. Pouco a pouco , xa as interiorizaran e sabía que ía a pasar despois de cada actividade.



  • Traballamos en equipo, axudándonos nas dificultades que poidamos atopar no día a día.


  • Elaboramos manteis  personalizados para as nosas merendas, e intentamos crear hábitos saudables. 



  • Manipulamos, exploramos, experimentamos... ao mesmo tempo que traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a imaxinación, asociación de cores, cantidade, responsabilidade de manter un ambiente limpo e ordeado....a través da mesa de luz e da mesa de experimentación, dous recantos que nos gustan moito.






















  • Iniciámonos en xogos con regras,  para traballar as quendas e a atención, ao mesmo tempo que seguimos reforzando outros conceptos.




  • Traballamos con motivación, partindo dos intereses do alumnado, e recibimos a visita do Polo Pepe, que nos deixou pistas para que fosemos aprendendo cousiñas sobre el. 





E moitas cousas máis.....que pouco a pouco vos iremos amosando ao longo deste curso. 




mércores, 26 de xuño de 2019

FIN DO PROXECTO SEMENTE 2019

O pasado luns, 17 de xuño, os alumnos/as de 5º desfrutaron dunha tarde de ocio cos cartos que gañaron tras o seu esforzo e traballo durante todo o curso no Proxecto Semente.
Foron á bolera de Marineda, xogaron dúas partidas de bolos, merendaron...e pasaron unha tarde estupenda!!!!!!
























Para rematar, fixeron unha doación de 60.80€ a APADAN, unha  Asociación Protectora de Animais Abandoados.


sábado, 1 de xuño de 2019

Noraboa Fantasyworld !

Onte, no mercado do Proxecto Semente a clase de 5º, coa súa Cooperativa "Fantasyworld",  recibiu o premio  ao centro educativo con máis implicación no proxecto.

Noraboa a todos e todas polo voso traballo e pola vosa implicación
e gracias a todas as familias e compañeiros/as que nos apoiaron neste día tan especial.









sábado, 30 de marzo de 2019

IV Carreira Solidaria Gotas para Níger

Despois da magnífica mañá de onte só quédanos por dicir...

Moitas grazas a todos e todas, comunidade educativa e entidades colaboradoras, por participar e axudarnos nesta carreira tan especial!

Apoiando o traballo de protección dos dereitos da infancia levado a cabo por UNICEF en Níger, lograremos cambios reais nas vidas de moitos nenos, nenas e adolescentes nixerianos.





mércores, 27 de marzo de 2019

IV Carreira Solidaria "Gotas para Níger"

Un ano máis comprácenos convidarvos a IV Carreira Solidaria "Gotas para Níger"  para poder levar auga, saneamento e hixiene aos nenos e nenas deste país.

Vémonos o venres 29 ás 12:15 horas no paseo das pontes.







xoves, 7 de febreiro de 2019

Día da Paz

A orixe desta celebración data do ano 1964 cando Lloreç Vidal; poeta, educador e pacifista mallorquín creou a xornada educativa a favor da educación  non violenta e pacificadora. Esta data coincide co aniversario da morte do pacifista Mahatma Gandhi

Como cada ano xuntámonos para conmemorar este día e traballar en equipo fomentando a creatividade e permitindo que cada neno e nena  seña unha peza única e imprescindible dun engranaxe moi especial, a nosa Escola.

Ademais das diferentes actividades que realizaron os nenos e nenas na súa aula durante toda a semana, neste día tan especial xuntámonos todos e interpretamos e cantamos a canción Imagine de John Lenon, fixemos distintas leturas sobre a Paz e os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil recitaron unha preciosa poesía.

"Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar el mundo. La educación es la única solución"
Malala Yousafzai







































xoves, 29 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

O domingo celebrouse o día  mundial contra a violencia de xénero, por iso o noso centro como "Espazo libre de violencia" temos o firme compromiso de educar ao noso alumnado baixo uns valores de igualdade, tolerancia, respecto hacia os demais e xustiza.


















Porque elas e eles son o futuro.