DÍA DA DISCPACIDADE
3 DE DECEMBRO DE 2023
"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS SENON DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"
Durante a primeira semana de decembro destinamos o tempo a traballar a discapacidade con diferentes actividades aínda que, non só esta semana senón que durante todo o ano.Deixamos ver aos nenos e nenas do colexio que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senón que son as barreiras que a sociedade pon.Para que isto non suceda, é preciso que o noso futuro (nen@s pequenos) estén concienciados sobre este concepto.Nós, os docentes, debemos traballar cóbado a cóbado con vós, as familias, para garantir que todos os nenos e nenas sexan VALORADOS, INCLUÍDOS, RESPETADOS independentemente da discapacidade ou non que teñan.Cremos na aprendizaxe basada en xogos, na aprendizaxe significativa, na aprendizaxe vivencial e para iso propuxemos actividades destinadas a poñernos na pel destas persoas.Queremos agradecer a colaboración sen ánimo de lucro por parte da ONCE, por vir unha vez máis e compartir con nós materiais, vivencias, tempo...Aquí vos mostramos un pouquiño do feito en fotos:
Para rematar, decirvos que a discapacidade non é un problema de que a ten como característica, nin da súa familia, nin do seu entorno, senón que de toda a sociedade....
Ningún comentario:
Publicar un comentario