Dende o día 1 ata o 23 de marzo, ámbolos dous inclusive ( ata o 23 de marzo no noso centro por ser non lectivo o 20 de marzo), estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2026-2027.
A normativa que segue esta proceso é a seguinte:
- O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 29, de 11 febreiro)
- A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, 8 de novembro)
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Deixámosvos pinchando a solicitude admisión galego ou solicitude admisión castelán e tamén na secretaría do centro temos formularios á vosa disposición.
Se o desexades podedes realizar de xeito telemático a solicitude co voso DNI electrónico entrando no seguinte enlace:
páxina da Xunta admisión alumnado
Neste enlace deixamos o mapa das áreas de influencia dos colexios concertados de Coruña
mapa zona influencia concertados
Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, perdendo os dereitos de prioridade que poida corresponderlle de non facelo deste xeito.
Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (no correo eléctronico cpr.cid@edu.xunta.es).
Explicamos dun xeito máis polo miúdo o proceso:
Información xeral
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
Así mesmo, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 23 de marzo (ambos incluídos) por ser non lectivo o día 20 no noso centro.
VACANTES DO CENTRO (a 23 de febreiro de 2026)
| Curso | Prazas | Vacantes que oferta o centro |
| 4º Ed. Infantil | 20 | 20 (3 alumnado nee) |
| 5º Ed. Infantil | 20 | 12 |
| 6º Ed. Infantil | 20 | 0 |
| 1º EP | 25 | 7 (2 alumnado de nee) |
| 2º EP | 25 | 0 |
| 3º EP | 25 | 0 |
| 4º EP | 25 | 0 |
| 5º EP | 25 | 0 |
| 6º EP | 25 | 0 |
Onde se pode adquirir á solicitude.
Os formularios de admisión normalizados de solicitude (ED550B anexo II) e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora (ED550 anexo II-bis) estarán accesibles:
a) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
b) No portal educativo no enderezo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051
c) Nas dependencias dos centros docentes.
Lugar de presentación.
As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
** Na secretaría do centro estarán disponibles os impresos para as persoas que o desexen
Para a presentación presencial na secretaría do centro, poderá realizarse no horario habitual da mesma que é o seguinte:
De luns a xoves: de 9 a 10:00
Luns, mércores e xoves de 13:20 a 14:00
Que documentación debo presentar
Xunto co formulario de solicitude ED550B (anexo II), deberá presentarse:
a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
b) Autorizar a consulta de datos á Consellería de Educación
c) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar (deberán traer o libro para o seu cotexo)
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.



.jpg)

