venres, 16 de xaneiro de 2026

Reserva plaza 6º primaria IES Rafael Dieste curso 2026-2027

 IES Rafael Dieste

Fase de reserva de praza en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 15 de xaneiro de 2026 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O noso centro de adscrición é o IES Rafael Dieste, polo que a reserva de praza é para o citado instituto.


A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o anexo I en castelán e anexo I en galego no noso centro en horario de secretaría. (luns a xoves de 9 a 10 e luns, mércores e xoves de 13:20 a 14:00)


Neste horario podedes adquirir os documentos e preguntar as dúbidas que teñades. 

Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega. 


O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

 Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario