Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2025-2026.
A normativa que segue esta proceso é a seguinte:
- O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 29, de 11 febreiro)
- A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, 8 de novembro)
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Deixámosvos pinchando a solicitude admisión galego ou solicitude admisión castelán e tamén na secretaría do centro temos formularios á vosa disposición.
Se o desexades podedes realizar de xeito telemático a solicitude co voso DNI electrónico entrando no seguinte enlace:
páxina da Xunta admisión alumnado
Neste enlace deixamos o mapa das áreas de influencia dos colexios concertados de Coruña
mapa zona influencia concertados
Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, perdendo os dereitos de prioridade que poida corresponderlle de non facelo deste xeito.
Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (telf.: 981 255 244 ou no correo eléctronico cpr.cid@edu.xunta.es).
Tamén vos deixamos as vacantes para este curso 25-26
Ningún comentario:
Publicar un comentario