venres, 5 de xullo de 2019

Fin de curso

Como vimos facendo estes últimos anos a festa de fin de curso foi conxunta para desfrutar todavía máis, grazas á axuda dos alumnos/as de 6º.




Que ben o pasamos! 

Se tivesemos que elexir unha foto que resumise este día sería esta:



Sorrisos, apertas e máis sorrisos!

 Isto é o que ten o último día de Colexio, felicidade polo traballo ben feito de todo un ano e tristura polos compañeiros/as que marchan para o Instituto.




Pero isto só é un breve paréntese para recargar as pilas xa que...

Voltamos en setembro!


xoves, 4 de xullo de 2019

Excursión de fin de curso

Este ano visitamos a praia de San Pedro de Veigue e, a pesar do mal tempo de eses días, poidemos disfrutar dun marabilloso día en compañía dos compañeiros/as e mestras.

Coñecimos de primeira man fauna mariña: cangrexos ermitáns, mexilóns, lapas, cangrexos...




practicamos as construccións con area e pegámonos un fresquiño chapuzón!






E despois dunha longa mañán de xogos e baños...tocou comer!




Que ben o pasamos todos/as xuntos/as!



PARABÉNS AOS QUE CUMPREN ANOS EN ABRIL, MAIO E XUÑO

En 4º de Educación Infantil estamos de festa en festa pois celebramos o aniversario de Paula, Denisse e Iker que cumpriron 4 aniños, xa se están facendo maiores... a piques de pasar a 5º de E.Infantil. Para celebralo, bailamos, cantamos, aplaudimos, comemos.... en definitiva pasámolo xenial, pois cumprir anos é moi divertido.








































En 5º de Educación Infantil cumpliu anos Nayla e, como xa é unha auténtica princesa, veu a clase coa súa propia corona. Como boa princesa agasallounos a todos con conos de chuches e invitacións para a súa festa! 

Moitas felicidades Nayla!

  En 6º de Infantil cumpliron anos os dous pares de xemelgos que temos. Por un lado Daniel e Miguel que nos agasallaron co seu sorriso e tamén cunhas chuches.


E doutra banda Hissy e Lissy que tamén nos agasallaron coa súa dozura e cariño.


Moitas felicidades a todos!!!

mércores, 3 de xullo de 2019

Educación emocional

Durante este curso o alumnado de 6º traballou o recoñecemento sobre as emocións para ser capaces de afrontar mellor os retos que se lles plantexan na vida cotiá. A finalidade principal destas actividades é aumentar o benestar persoal e social do noso alumnado.











martes, 2 de xullo de 2019

O noso gran de millo

Tendo en conta o proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra" os alumnos e alumnas de primeiro realizaron o proxecto "O noso gran de millo" ao longo de moitos meses no que traballaron diversas intelixencias englobando diferentes contidos de varias materias.

Con el coñeceron o traballo dos labregos e dos muíñeiros, a vida na aldea, as partes dunha planta e o seu desenvolvemento dende o xerminación, a elaboración das fariñas de millo e trigo, a elaboración do pan, algúns pasos da muiñeira e ata realizamos problemas matemáticos con millo frito onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas de primeiro. (Pinchade para descargar a ficha: Problemas con millos fritos

Ademais cantamos cancións en galego como O polo Pepe do grupo Mamá Cabra e Susa Herrera: Canción Polo Pepe ou Pan de millo do grupo Migallas: Pan de millo Tamén traballamos cos contos O polo Pepe e A galiña Pauliña.

Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes observar todo o traballo realizado.





























Liberade á mestra

Chegar ao colexio e atoparte a mestra...Esposada!

Sí, como escoitades! 

Os alumnos de 6º tiveron que superar unha serie de probas de inxenio, orientación e preguntas sobre historia e xeografía para descifrar un misterio e conseguir as chaves para liberar á mestra...


A Gamificación é unha técnica de aprendizaxe onde se translada a mecánica dos xogos co fin de absover ou repasar os coñecementos facendo accións concretas que impliquen ao alumnado a participar de maneira cooperativa.




luns, 1 de xullo de 2019

Os artistas do cole

Aquí vos deixamos algunhas das pequenas obras de arte que fixeron @s alumn@s de Primaria durante os recreos do terceiro trimestre.



















E tamén podedes ver algúns dos crecabacabezas máis grandes que conseguiron facer os nenos e nenas do "Clube do puzzle" colaborando e traballando en equipo durante moitos días.