martes, 2 de xullo de 2019

O noso gran de millo

Tendo en conta o proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra" os alumnos e alumnas de primeiro realizaron o proxecto "O noso gran de millo" ao longo de moitos meses no que traballaron diversas intelixencias englobando diferentes contidos de varias materias.

Con el coñeceron o traballo dos labregos e dos muíñeiros, a vida na aldea, as partes dunha planta e o seu desenvolvemento dende o xerminación, a elaboración das fariñas de millo e trigo, a elaboración do pan, algúns pasos da muiñeira e ata realizamos problemas matemáticos con millo frito onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas de primeiro. (Pinchade para descargar a ficha: Problemas con millos fritos

Ademais cantamos cancións en galego como O polo Pepe do grupo Mamá Cabra e Susa Herrera: Canción Polo Pepe ou Pan de millo do grupo Migallas: Pan de millo Tamén traballamos cos contos O polo Pepe e A galiña Pauliña.

Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes observar todo o traballo realizado.





























Ningún comentario:

Publicar un comentario