venres, 28 de febreiro de 2020

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021



 Como cada ano,  non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando  mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita ( telf.: 981 255 244  @: cpr.cid@edu.xunta.es). 

 

Dende o 1 ata o 20 de marzo estará aberto o periodo de solicitude de praza para o curso 2020-2021.

Impreso solicitude (Anexo II)

Solicitude na web

Resolución sorteo letra desempate

Orde do 12 de marzo 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017 

martes, 25 de febreiro de 2020

O noso entroido

En 4º de Educación Infantil, desfrutamos un montón desta festa de carácter tradicional. 
Comezamos estreando o noso recanto de Entroido, no cal as familias e o centro, fixeron as súas aportacións para que esto poidera ser posible, moitas gracias unha vez máis pola colaboración. As e os peques poideron desfrutar un montón a través deste recuncho e coa axuda da súa imaxinación. 
Ademais, participamos nos mandados do Meco, pois dende os pés ata a cabeza, tivemos que disfrazarnos, aproveitando así a repasar as partes do corpo. 
















Pero iso non foi todo.... elaboramos un antifaz personalizado para levarnos para a casa e fixemos unha festa rachada de disfraces, na cal degustamos postres típicos destas datas, para dar comezo ás vacacións de Entroido, que tanto lles gustan.






En 5º de Educación Infantil tamén estreamos o noso rincón de disfraces para deixar voar a nosa imaxinación e desfrutamos moito da merendola especial do venres.


En 5 aniños arrancamos motores facéndolle caso tamén aos mandados do Meco e estreando o noso recuncho de disfraces que tantas risas nos sacou!!! De novo, mil gracias ás familias.


Tamén fixemos uns antifaces moi coloridos e mandalas de Entroido traballando o seu medio de expresión. Despois das manualidades tocou relaxarse facendo un pouquiño de ioga.


O Entroido na nosa comunidade é moi importante por eso decidimos viaxar por todo Galicia (con pantalla dixital, xornal e libros) para ver festexar unha festa tan popular. As máscaras de Ourense gustáronnos moito e pintar con globos o noso cadro carnavaleiro foi emocionante.


E entre pincel e pincel a nosa carauta rematei! Parabéns aos pequenos artistas!!!



En Educación Primaria como cada ano seguimos tamén os mandados do Meco...





Durante a semana lemos poesías, contos, cantamos cancións do Entroido e realizamos diferentes manualidades.






O último día celebramos a festa degustando doces tradicionais, houbo actuacións musicais: sambas, batucadas e raps preparados polos nenos e nenas do cole e a mestra de Música e xogamos todos xuntos/as.












Neste vídeo podedes ver algúns anaquiños dalgunhas actuacións: 


















venres, 21 de febreiro de 2020

As viaxes de Infantil en febreiro.

Este febreiro estivo cargado de excursións e en todas elas pasámolo moi ben!
Empezamos cun concerto didáctico que auguraba o noso axetreado febreiro. Fomos ao concerto titulado "De aquí para alá" que nos mostraba a viaxe dunha bolboreta por distintos países e polas súas músicas tradicionais.


Pouco despois os maiores convertímonos en bombeiros!
Unha vez no parque de bombeiros... comezou a diversión! observamos os distintos tipos de camións (tamén por dentro) que utilizan para loitar contra o lume e outros tipos de  misións; manipulamos o material necesario (ferramentas, bombonas de osíxeno) que empregan nunha emerxencia... tamén puxemos os traxes e ata xogamos no seu ximnasio!!! O que máis nos gustou foi probar a mangueira da auga e ter moita puntería! Os bombeiros explicaronnos  xenial e decidimos facerlle un agasallo a modo de agradecemento! Parabéns heróes! xa memorizamos o número dos bombeiros (080) e aprendemos que cooperar e convivir como compañeiros  é moi importante!!! Pasámolo requeteben!






E por último 4º e 5º de Infantil fomos á lonxa!
Alí fomos ven a modiño para non esbarar. Amosáronnos algúns peixes, uns grandes, outros pequenos  e outros que parecían arañas!


Tamén nos dixeron que, para que os peixes non se boten a perder hai que poñelos en xeo, e alí que fomos a ver como caía o xeo do teito e a tocar o frío que estaba.


 Despois da visita agasaiáronnos cunhas bolsas moi bonitiñas que se podían pintar cos rotuladores que tamén estaban dentro. 




Moitas grazas!!!


venres, 14 de febreiro de 2020

O entroido!

Achégase unha das festas populares que máis nos gusta, o entroido! E durante a semana próxima estaremos a facer os mandados do Meco.


Non vos esquezades!


mércores, 12 de febreiro de 2020

Iniciación ao bádminton co selecionador galego!

Comezamos a unidade de Bádminton nas clases de Educación Física cunha visita moi especial. Rubén Espinosa, seleccionador galego deste deporte e adestrador do Club do Mar de San Amaro, acudiu á primeira sesión no pabillón para transmitir os seus coñecementos tras moitos anos de experiencia que leva neste deporte de raqueta.

A visita comezou cunha charla técnica falando do bádminton e a súas regras co obxectivo de acercar este deporte minoritario e pouco coñecido aos nosos nenos e nenas.



Despois da primeira introducción xeral, Rubén comezou cos primeiros consellos técnicos sobre o agarre da raqueta, os saques e os golpeos básicos deste deporte.



Tras as primeiras explicacións, o alumnado estaba ansioso por comezar a aprender e a practicar. As primeiras actividades foron uns intercambios sinxelos de golpeos por parellas nos que Rubén foi axudando e corrixindo a todos.




Co paso dos minutos, a práctica notábase e a aprendizaxe melloraba. Os intercambios de golpes cada vez eran máis duradeiros e superábanse as dificultades iniciais.



A primeira clase foi todo un éxito! Os alumnos e alumnas desfrutaron moito con este novo deporte e descubriron unha nova actividade que practicar no seu tempo de lecer. 



Moitas gracias ao Club do Mar de San Amaro e a Rubén Espinosa por compartir esta experiencia con nós!

xoves, 6 de febreiro de 2020

Polo inverno, a ovelliña danos la.

O frío está aquí. O inverno vai convivir con nos uns meses e debemos abrigarnos. As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil están traballando moito para non pasar frío e é por iso que lle están a pedir la , á ovelliña, para abater o frío.

A pesar do frío, poidemos disfrutar igualmente e  fixemos o noso boneco de neve, pero primeiro aproveitamos para manipular a "neve "e para deixar voar a nosa imaxinación. Unha vez que o fixemos, con moita delicadeza, engadimos o nariz, os ollos e a boca, repasando así algunhas das partes da cara. Despois continuamos polo corpo engadindo brazos e....seguramente vexades poucos así pero..., as peques e os peques consideraron que necesitaba unhas pernas, e aquí están.


Para poder abater tanto frío , a nosa ovelliña, que xa levaba uns días pola clase....comezou a darnos lá para poder facer as prendas de abrigo e así pasar un bo inverno. Con esta actividade, intentamos traballar a motricidade fina e ademais seguir traballando o esquema corporal. Tamén nos iniciamos na lecto-escritura, agora que xa case sabemos escribir o noso nome.... toca escribir tamén o da ovelliña. 





 Que ben cosen as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil!!










Como ben sabedes, se aprendemos dunha forma divertida sempre pode ser máis doado, por iso as peques e os peques xogaron coa "caixa das sorpresas". O/a peque metía a man e debía adiviñar a través do tacto que había dentro e o resto de compis ían facendo preguntas para adiviñar que era. Tamen xogamos ao "quen é quen", onde o/a peque poñía as gafas cunha imaxe e debía adiviñar que imaxe tiña polas pistas que lle daban os seus compis. Ao principio era un pouco difícil non poder decir a palabra, pero pouco a pouco foron desenvolvendo técnicas de pensamento para non decir o nome. Contamos ovellas dunha forma moi divertida , fixemos quebracabezas e fixemos parellas de iguais coas ovelliñas, cada ovella coa súa parella.




Tamén aprendimos da man da nosa pizarra dixital , xogando a xogos de memoria, iniciación na lecto-escritura....





Aproveitando que nos gustou tanto este conto, decidimos levalo á casa para ler. Agora a nosa mochila viaxeira anda de casa en casa, axudando ás peques e ós peques a desfrutar da lectura e así poder compartir coas súas familias este precioso conto. Atentas e atentos , se aínda non chegou á túa casa podería estar a chegar. Recordade tratar o conto con moito cariño para que outras e outros peques poidan seguir desfrutando.




Para rematar este proxecto, fixemos as ovellas de cores que nos axudaron a comprender que todos somos diferentes. Non temos a mesma cor de pel , pero no que si coincidimos é que nos gusta que nos traten ben, nos digan cousas bonitas, nos axuden, compartan con nós....



E así aprendemos un montón de cousiñas no Colexio Cid, esperemos que vos guste moito e xa sabedes, se tedes frío, podedes pedirlle á nosa ovelliña un pouco de la.