Comezamos a unidade de Bádminton nas clases de Educación Física cunha visita moi especial. Rubén Espinosa, seleccionador galego deste deporte e adestrador do Club do Mar de San Amaro, acudiu á primeira sesión no pabillón para transmitir os seus coñecementos tras moitos anos de experiencia que leva neste deporte de raqueta.
A visita comezou cunha charla técnica falando do bádminton e a súas regras co obxectivo de acercar este deporte minoritario e pouco coñecido aos nosos nenos e nenas.
Despois da primeira introducción xeral, Rubén comezou cos primeiros consellos técnicos sobre o agarre da raqueta, os saques e os golpeos básicos deste deporte.
Tras as primeiras explicacións, o alumnado estaba ansioso por comezar a aprender e a practicar. As primeiras actividades foron uns intercambios sinxelos de golpeos por parellas nos que Rubén foi axudando e corrixindo a todos.
Co paso dos minutos, a práctica notábase e a aprendizaxe melloraba. Os intercambios de golpes cada vez eran máis duradeiros e superábanse as dificultades iniciais.
A primeira clase foi todo un éxito! Os alumnos e alumnas desfrutaron moito con este novo deporte e descubriron unha nova actividade que practicar no seu tempo de lecer.
Moitas gracias ao Club do Mar de San Amaro e a Rubén Espinosa por compartir esta experiencia con nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario