Amosando publicacións coa etiqueta PATIOS DINÁMICOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PATIOS DINÁMICOS. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

Puzzles 3D

Neste segundo trimestre que estamos a rematar, os nenos e nenas do "club do puzzle" traballaron en equipo e construíron un par de quebracabezas 3 D. 

Ademais o secretario, coa axuda dalgúns compañeiros, repartiu as tarxetas de socios para que teñan un recordo bonito da súa participación neste clube e así poidan obter o seu diploma cando remate este curso.



Un deles foi o Empire State Building de Nova York. Ademais aproveitamos a situar nun mapamundi esta cidade e descubrimos que estaba nun país enorme chamado Estados Unidos que pertence ao continente de América, concretamente América do Norte.






Tamén realizaron un quebracabezas en dúas dimensión sobre os dinosaurios.



Nestes días están a construir outro quebracabezas 3D do Tah Majal da India. Conseguiron este quebracabezas gracias a xenerosidade dun neno do cole que o trouxo da súa casa. 





Queremos aproveitar este espazo para dar de novo as gracias as familias que colaboran co cole. Se remamos todos xuntos a aprendizaxe dos nosos peques é moito mellor.

Gracias familias!!!!





domingo, 12 de xaneiro de 2020

Os Reis Magos de Oriente

Neste ano 2020, os Reis Magos de Oriente deixaron, de novo, agasallos para os nenos e nenas do colexio Cid. Como din eles "debemos ser moi bos" porque xa é o segundo ano que os deixan no cole. 

Aquí podedes ver os diferentes tipos de agasallos, a maioría deles educativos, e o ben que o pasan os nenos e nenas con eles tanto nas súas aulas coma na biblioteca.














Ademais as familias dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil mandaron tamén xogos e xoguetes das súas casas para que os seus fillos e fillas compartiran c@s compañeir@s do cole.



domingo, 5 de xaneiro de 2020

El club del puzzle

Este ano, en vista do éxito do curso pasado cos quebracabezas no tempo de lecer na biblioteca, constituímos " El club del puzzle ". Empezaron uns poucos nenos e nenas de terceiro e cuarto pero cada vez apúntanse máis nen@s a unir as súas mentes para conseguir un obxectivo común. Temos ata un secretario que vai apuntando aos novos socios e socias. Ademais de desenvolver o traballo en equipo, a construcción dos quebracabezas ten outros moitos beneficios:
  • Mellora a capacidade de resolución de problemas.
  • Traballa a agudeza e memoria visual.
  • Favorece a capacidade de análise e a elaboración de estratexias.
  • Xera satisfacción e eleva a autoestima.
  • Mellora a atención.
  • Mantén activa a curiosidade.
  • Desenvolve a tolerancia, a paciencia e a adaptación ante as dificultades.
  • Axuda a ser máis ordeados e adquirir bos hábitos como a constancia.

Nas seguintes fotos podedes ver os quebracabezas feitos durante o primeiro trimestre.








Ata estreamos un quebracabezas que levaba sen abrirse máis dun ano. Mirade que cariñas de alegría ao quitar o plástico e que caras de satisfacción ao acabalo.



Tico e os nenos e nenas do "Club do puzzle" agardamos as vosas visitas na biblioteca nos segundos patios.