Este ano, en vista do éxito do curso pasado cos quebracabezas no tempo de lecer na biblioteca, constituímos " El club del puzzle ". Empezaron uns poucos nenos e nenas de terceiro e cuarto pero cada vez apúntanse máis nen@s a unir as súas mentes para conseguir un obxectivo común. Temos ata un secretario que vai apuntando aos novos socios e socias. Ademais de desenvolver o traballo en equipo, a construcción dos quebracabezas ten outros moitos beneficios:
- Mellora a capacidade de resolución de problemas.
- Traballa a agudeza e memoria visual.
- Favorece a capacidade de análise e a elaboración de estratexias.
- Xera satisfacción e eleva a autoestima.
- Mellora a atención.
- Mantén activa a curiosidade.
- Desenvolve a tolerancia, a paciencia e a adaptación ante as dificultades.
- Axuda a ser máis ordeados e adquirir bos hábitos como a constancia.
Nas seguintes fotos podedes ver os quebracabezas feitos durante o primeiro trimestre.
Ata estreamos un quebracabezas que levaba sen abrirse máis dun ano. Mirade que cariñas de alegría ao quitar o plástico e que caras de satisfacción ao acabalo.
Tico e os nenos e nenas do "Club do puzzle" agardamos as vosas visitas na biblioteca nos segundos patios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario