As habilidades e competencias sociais son un conxunto de hábitos ou estilos (que inclúen comportamentos, pensamentos e emocións) entre os que están: asertividade, empatía, saber escoitar, definir un problema, avaliación de solucións, negociación, capacidade de desculpa.
Este tipo de programas pretende:
Potenciar o contacto da persoa cos seus sentimentos, favorecendo tanto a súa identificación como a súa expresión.
Desenvolver e construír habilidades de comunicación, é dicir, capacidade de emitir e recibir mensaxes a través da comunicación verbal e non verbal.
Clarificar valores, saber tomar decisións, analizar a conduta, cooperar con outros, aprender a resolver conflitos e aprender a organizarse.
As competencias socioemocionais permiten:
Mellorar o clima de convivencia da aula e no centro.
Favorecer o rendemento académico.
Mellorar as relacións interpersoais.
Outras medidas que tomamos para mellorar as relacións interpersoais son:
Potenciar a participación de todo o alumnado nos xogos e outras actividades evitando as exclusións. (Patios dinámicos)
Ensinar a dialogar como un medio para confrontar ideas, defender os nosos puntos de vista, argumentalos, fomentando todas as actitudes básicas que o fan posible (escoita, comprensión, respecto das formulacións das outras persoas, argumentación, sinceridade e calma...), para facer do diálogo unha estratexia habitual nas situacións da vida do centro.
Incrementar as actividades en parellas, pequenos grupos, grandes grupos dos alumnos.
Potenciar o traballo en equipo do profesorado como modelo do traballo en equipo do alumnado e como medio para desenvolver un proxecto común de centro e desenvolver unha cultura de colaboración.
Educar sentimentos, actitudes e valores, ensinando a:
Expresar adecuadamente as emocións, recoñecer as dos demais e asumir actitudes de respecto cara ás emocións dos demais.
Desenvolver a empatía, poñéndose no lugar dos outros.
Coñecer as consecuencias emocionais que poden ter as formas de relacionarse cos compañeiros e compañeiras.
Ser asertivos superando a timidez e a inseguridade.
Traballar na clase sobre modos adecuados de relación: falar, escoitar con respecto aos demais...
Proporcionarlle ao alumnado unha educación para a igualdade entre mulleres e homes e regular e explicitar nas NOF do centro as medidas de corrección de comportamentos sexistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario