luns, 29 de marzo de 2021

15 de Marzo: Día dos dereitos do consumidor!

 

O día 15 de Marzo celebramos o “Día dos dereitos do consumidor”. Esta celebración comezou en 1962 en Estados Unidos co presidente John F. Kennedy decretando que todo consumidor ten unha serie de dereitos sen distinción de ningunha clase social. 

Dentro desta serie de dereitos destacamos que temos dereito a ter información fiable sobre o que compramos, a elixir o que queiramos, a que o que adquirimos sexa saudable e seguro, a queixarnos se algo está en mal estado e a recibir unha educación correcta para ser crítico á hora de elixir o mellor para nós.

Dende as nosas clases traballamos co alumnado a educación do consumidor e do consumo responsable, facendo reflexións sobre se sempre compramos o que necesitamos, ou caemos ás veces nas “trampas publicitarias” que nos fan crer que necesitamos adquirir certos produtos. Desta forma, axudamos á creación dunha actitude crítica para non deixarse levar por modas ou campañas de publicidade e fomentamos un consumo responsable que axude á protección do medio ambiente.

Os dereitos de información e seguridade son outros apartados importantes que tratamos nas nosas clases ensinando a buscar nos produtos certa simboloxía que da garantías sobre seguridade, proceso de fabricación, de reciclaxe, a caducidade, os principais alérxenos das comidas... 

A través de diferentes actividades, xogos e bailes o noso alumnado está agora máis preparado e concienciado para ser mellores consumidor@s!

Un xogo de figuras no chan imitando símbolos importantes traballados en clase:


O coñecemento sobre os principais alérxenos nas comidas e detectando cales hai en diferentes pratos:




Xogos cooperativos de memoria visual emparellando diferentes símbolos:




Varios bailes traballando ritmo, coordinación e expresión corporal con símbolos:

Bailes de 1º, 5º e  6º



martes, 16 de marzo de 2021

 

8 de marzo

Día Internacional 

da Muller 


Neste día celebramos a loita das mulleres pola igualdad de dereitos. Este ano o tema é “Mulleres líderes: Por un futuro igualitaro no mundo da Covid-19”, e queremos recordar os grandes esforzos realizados polas mulleres e nenas de todo o mundo para buscar un futuro máis igualitario, sin estereotipos nin violencia e con igualdade de dereitos e oportunidades.

Recordamos moitas mulleres que cambiaron a historia e reivindicamos o traballo que aínda queda por facer ante as desigualdades e a loita contra a violencia machista, axudando desde o colexio Cid a detectala e previla.

Aquí tedes algunas mostras dos traballos realizados polos nenos e nenas de infantil:















E tamén dos traballos realizados por primaria: