O día 15 de Marzo celebramos o “Día dos dereitos do consumidor”. Esta celebración comezou en 1962 en Estados Unidos co presidente John F. Kennedy decretando que todo consumidor ten unha serie de dereitos sen distinción de ningunha clase social.
Dentro desta serie de dereitos
destacamos que temos dereito a ter información fiable sobre o que compramos, a
elixir o que queiramos, a que o que adquirimos sexa saudable e seguro, a
queixarnos se algo está en mal estado e a recibir unha educación correcta para
ser crítico á hora de elixir o mellor para nós.
Dende as nosas clases traballamos co alumnado
a educación do consumidor e do consumo responsable, facendo reflexións sobre se
sempre compramos o que necesitamos, ou caemos ás veces nas “trampas publicitarias”
que nos fan crer que necesitamos adquirir certos produtos. Desta forma, axudamos
á creación dunha actitude crítica para non deixarse levar por modas ou campañas
de publicidade e fomentamos un consumo responsable que axude á protección do
medio ambiente.
Os dereitos de información e seguridade son outros apartados importantes que tratamos nas nosas clases ensinando a buscar nos produtos certa simboloxía que da garantías sobre seguridade, proceso de fabricación, de reciclaxe, a caducidade, os principais alérxenos das comidas...
A través de diferentes actividades,
xogos e bailes o noso alumnado está agora máis preparado e concienciado para
ser mellores consumidor@s!
Un xogo de figuras no chan imitando símbolos importantes traballados en clase:
Ningún comentario:
Publicar un comentario