sábado, 28 de novembro de 2020

20 de novembro: Día internacional dos dereitos da infancia

O 20 de novembro  é unha data moi significativa pero que debemos lembrar todos os días do ano...As nosas cativas e os nosos cativos teñen uns dereitos que nin institucións, nin familias deben esquecer.
O maltrato e a despreocupación da infancia séguese dando na nosa sociedade e non se pode permitir!
O alumnado de hoxe será o futuro de mañá e debemos ensinar e protexer con agarimo e dedicación. As vosas fillas e os vosos fillos medrarán máis fortes e non empregarán a violencia no seu día a día.

A continuación podedes ver, como reflexaron nos seus traballos, de forma libre os sentimentos e sensacións, despois das propostas dos titores, chegando á conclusión de que todos anelan o mesmo: OS ADULTOS DEBEN CUMPRIR OS DEREITOS DA INFANCIA!!

Esperemos que vos gusten as actividades dalgúns dos dereitos da infancia, pero sobre todo que vos faga reflexionar para facelo cada día un pouco mellor entre todas e todos. 

 
Dereito á igualdade

Todas e todos teñen dereito a unha igualdade sen destinción de raza, relixión, idioma, nacionalidade, sexo, opinión política ou outros rasgos, pois todas e todos somos iguais. 
 
 
 





                                    Dereito á alimentación

 Unha nutrición adecuada na idade escolar é moi importante. As nenas e os nenos deben ter garantizada por todos os membros dunha sociedade unha alimentación suficiente, duradeira e en condicións saudables. 
 
Dereito á educación
 
Teñen dereito a unha educación digna para adquirir coñecementos e así poder desenvolverse como adultos nun marco social, económico e cultural en todas as sociedades.  
                                    
Dereito ao xogo

Debemos recordar e transmitir á importancia do xogo na vida das nenas e dos nenos, pois constrúe o noso corpo, axuda nas capacidades da linguaxe, sociabilizan, aprenden normas e valores e sobre todo son moi felices aprendendo. 

                                        Dereito á saúde

Disfrutar de boa saúde é un dereito fundamental para as vosas e os vosos peques, polo tanto debemos coidalos porque son seres moi vulnerables. Coidado de saúde engloba o benestar físico, mental e social, para poder medrar con boa calidade de vida. 


                                     Dereito á identidade

Dende que nacemos é un dereito que como membro dunha sociedade non nos poden privar, polo tanto o noso nome, apelidos  ,nacionalidade é saber quen son os nosos pais. Todo isto representa o recoñecemento oficial da nosa existencia e os nosos dereitos.

 

 Dereito á protección

As nenas e os nenos teñen dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que persegue o seu benestar. Nin o maltrato, a discriminación e a explotación está permitido.

                                                     

 A infancia é o eslabón máis débil da sociedade e debemos apoiala e respetala.


O teléfono de axuda á infancia é unha línea gratuíta que está operativa durante todo o ano, as 24 horas do día e o seu número é o 900333666. Neste teléfono atoparán sempre un profesional á disposición das nenas e dos nenos, que intentarán buscar a mellor solución para cada caso . 


martes, 17 de novembro de 2020

Que importante é...

 Manter a nosa cultura, costumes e tradicións galegas xa que nelas podemos atopar as repostas da nosa forma de expresarnos, a nosa linguaxe, a nosa forma de ver e responder ante as cousas, a nosa gastronomía e os nosos gustos .


Un ano máis, e a pesar da realidade que estamos a vivir, quixemos celebrar a festa máis típica do outono, o Magosto, onde grande e pequenos puideron degustar deste rico froito asado, e ben quentiño.

Aquí tedes unha mostra do noso magosto:


Educación infantil:












Educación Primaria:










Tamén celebramos o día as letras Galegas, normalmente celébranse o 17 de maio pero este ano pospúxose. 

Por que celebramos este día?

Pois para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da nosa lingua.

Este ano a persoa homenaxeada é Ricardo Carballo Calero, profesor e escritor galego e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da universidade.



Tedes máis información premendo na imaxe









Aproveitamos para ensinarvos  as cancións traballadas en música do Samaín.
Esperamos que vos gusten!















































domingo, 15 de novembro de 2020

AXUDAS PARA MÁSCARAS

O venres 13 de novembro, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

DESTINATARIOS/AS DAS AXUDAS:

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial (non para Educación Infantil).

ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR.

O alumnado destas etapas que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021 (en virtude da orde de 12/05/2020), non terá que presentar solicitude, adquire automaticamente o dereito ás máscaras.

O ALUMNADO QUE NON PRESENTOU NO SEU MOMENTO A SOLICITUDE DE AXUDAS OU QUEDOU EXCLUÍDO.

Poderán presentar solicitude sempre que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a.       Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b.      Alumnado matriculado en educación especial.

c.       Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

d.      Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado na Orde. Anexo I

Será única para todos os/as fillos/as salvo que estean escolarizados en centros distintos.

Documentación que deberán achegar coa solicitude:

       a.     Anexo II (comprobación dos datos dos membros computables na unidade familiar).

b.      Copia do libro de familia.

c.      Certificado do grao de discapacidade de non estar recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d.      Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e.       Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f.       Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

g.       Certificado de convivencia no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 Anexo I e Anexo II, pinchar aquí

Presentación:

a.    No centro  con cita previa solicitada a través do email: cpr.cid@edu.xunta.es ou no teléfono: 981 255 244. En horario de luns a xoves de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00.

Importante solicitar cita antes de vir ao colexio, calquera dúbida que teñades póñedevos en contacto con nós.

b.       O prazo fixado no DOG é de 10 días hábiles contados a partir da publicación da orde no DOG. O último día de prazo, o venres 27 de novembro de 2020.

 RESOLUCIÓN. 

A consulta da resolución provisional e da resolución definitiva será telefónica ou por correo.