A noite do 31 de outubro, é unha noite máxica onde os nosos devanceiros fixaron esta data como o paso ao inverno e o recordo dos nosos antepasados.
Dende tempos históricos esta celebración estaba sinalada nos almanaques de todos/as os galegos/as , aínda que durante moitos anos permaneceu moi esquecida.
O festividade máis popularizada na actualidade é a festividade americana de Halloween que ademáis sufriu diversas desvirtuacións comerciais.
No Centro traballamos ambas festividades xa que vivimos nun mundo diverso e multicultural. Coñecer a diversidade cultural dende pequenos fará que os nosos/as nenos/as sexan adultos máis tolerantes, empáticos e respetuosos.
E para finalizar esparamos que disfrutedes coa canción que prepararon os alumnos/as de 1º
Feliz Samaín!! Happy Halloween!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario