Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ESCOITA A NOSA TERRA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ESCOITA A NOSA TERRA. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

As nosas plantas: as patacas.

Este trimestre os nenos de 1º e 2º realizamos un proxecto en común con algunhas variacións segundo os diferentes contidos que temos que aprender en cada clase pero cun mesmo sentimento: aprendimos moito e pasámolo xenial durante todas as actividades.

Comezamos o noso proxecto plantando cada clase as súas propias patacas e coidando as nosas fresiñas que plantamos o curso pasado.










Despois poidemos comprobar moi de preto as diferentes partes das plantas e a diferencia entre o talo dun arbusto e dunha herba ademais de coñecer diferentes árbores frutais de folla perenne.


Despois aprendemos máis vocabulario en galego sobre as diferentes árbores de Galicia coa canción de Paco Nogueiras "Cós pés na terra".

Ademais os nenos de segundo estamos a aprender o que é un adxectivo así que por parellas traballamos a memoria coas tarxetas das plantas e tivemos que dicir adxectivos que describían as diferentes follas e talos das distintas plantas.




A continuación coñecimos o que eran os animais herbívoros e aprendemos a clasificar os animais segundo o que comen e segundo o lugar onde viven. 




Como os animais nos encantan aproveitamos a traballar as descrición destes tanto en galego como en castelán e os nenos e nenas de segundo continuamos traballando o adxectivo pero esta vez relacionados cos animais.





A continuación realizamos a visita a fábrica de Bonilla no polígono de Sabón. Alí aprendemos como se transforma as patacas que compramos ou plantamos nas patacas fritas que tanto nos gustan!!!






E coas patacas fritas que tanto nos gustan realizamos problemas matemáticos. Nas seguintes fotos podedes ver como representamos eses problemas e nos seguintes enlaces podedes descargar os problemas se queredes practicalos de novo.







Por suposto cando rematamos de comer as patacas botamos a bolsa de plástico na contedor correspondente.

Tamén utilizamos as TICS e visionamos un capítulo de Bing que nos vale para aprender a resumir, ademais de desfrutar moito destes debuxos tan educativos. Deixamos o enlace por se queredes desfrutalo de novo cos vosos peques na casa.



Para rematar o noso proxecto aprendimos a importancia de comer verduras e froita todos os días porque nos dan moitas vitaminas. E como os nenos e nenas deste cole son moi curiosos e queren aprender moitas cousas, un deles preguntou que vitaminas nos daban as patacas, así que buscamos esta información en internet. 



 E coma nos gusta moito a música aprendimos outra canción: "Na horta de Balbina" do grupo María Fumaça na que traballamos as rimas e aprendemos as vitaminas que nos da a froita e a verdura.



Xa vedes canto aprendemos e desfrutamos no colexio Cid.











sábado, 21 de decembro de 2019

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE



En 4º de Educación Infantil este trimestre celebramos os aniversarios de Carlota e Alessia que  cumpliron 3 aniños.



Celebrámolo dunha forma moi especial, pois nas nosas mans suxeitábamos a Terra, planeta no cal vivimos e debemos coidar e respectar, e xiramos arredor do sol tantas veces como anos tiñan. Desta forma poidemos comprender que a Terra xira arredor do Sol e canto tempo lle leva facelo para poder cumprir un aniño máis. Para finalizar cantamos tantas cancións como coñecíamos e aprendimos a cantala en inglés, e sopramos a vela entre todos para celebrar estos aniversarios.

Parabéns Carlota e Alessia!!

luns, 16 de decembro de 2019

Visita á Casa das Ciencias: A Astronomía

Este ano os nenos e nenas do colexio Cid imos especializarnos un pouquiño en Astronomía xa que é o tema principal que imos expoñer o día da Ciencia na rúa.
Por este motivo @s nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º visitamos á Casa das Ciencias. Nela, xogando e experimentando poidemos entender moitas cousas das Ciencias.
Ao final desta visita fomos ao planetario onde cun relato moi divertido, A noite do vampiro, aprendemos como funciona o noso sistema solar e tamén as diferentes constelacións que existen.












Despois os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos un recreo un tanto especial xa que o fixemos no parque das Pontes como premio ao noso bo comportamento durante a visita.



 Foi unha mañá moi divertida xa que ademais de pasalo moi ben aproveitamos o paseo ata a Casa das Ciencias para observar e repasar os diferentes tipos de árbores e moitos niños que quedaron ao descuberto pola caída das follas no outono. Cómo nos gustan as saídas culturais!!

venres, 13 de decembro de 2019

A Vendima

Agora que está rematando a estación do outono queremos mostrarvos unha das festas que realizamos os nenos e nenas de Educación Infantil, a festa tradicional da Vendima.  
Aproveitamos esta festa para traballar a motricidade fina, conceptos como cheo-baleiro, o sentido do tacto, do olfato, do gusto...Ademais elaboramos cadanseu gorro reutilizando os xornais do cole e nos decidimos a realizar a colleita da uva para facer un riquísimo zume,  esmagando a uva cos pes como antigamente. 













                   

Tamén os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil despois de ler a fábula da Zorra e as uvas que nos axudou a reflexionar sobre o valor do esforzo, xogamos con algunhas adiviñas relacionadas coas uvas e a vendima. Co paso dos días foron chegando racimos e empezamos a investigar sobre a tan aprezada froita: cantas uvas podían chegar a ter, os piños, as variedades de uvas, cores, formas, tamaños, a súa característica folla...

Tamén estampamos con corchos os racimos mezclando cores, contamos de novo cada uva de cada racimo e rematamos con mini taller de grafismo utilizando os rotuladores e creando camiños divertidos coma espirais.....para traballar o trazo e reforzalo de forma divertida.












E así foi como celebramos a festa da Vendima. Sentimos moito non poder convidarvos a probar o zume de uva tan rico que fixemos na vendima, pero acabamos tan cansos, que o bebimos todo.
 Foi unha experiencia inolvidable que fixo descubrir moitas sensacións aso peques do noso cole!!!
Moitas gracias pola colaboración, familias, sen a vosa axuda, isto non sería posible. 

sábado, 16 de novembro de 2019

Corre corre, cabaciña

Para celebrar o Samaín, as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil aprendimos da man do  conto de Corre corre, cabaciña. 

A través deste conto poidemos familiarizarnos con conceptos básicos como dentro-fóra, grande-pequeno, primeiro - derradeiro, iniciámonos en asociación número-cantidade pero non soamente iso, senón que nos achegamos ao mundo da dramatización.  Todo isto non sería posible sin unha previa comprensión lectora, polo que introducimos elementos interactivos e atractivos nas actividades, para favorecer a retención dos contidos nas nenas e nos nenos .



A avoíña recibiu unha carta da súa neta para invitala a unha festa rachada. Púxose tan contena que marchou para a casa da súa neta...polo tanto iniciámonos na escritura, escribindo algunhas das vogais que coñecemos e aínda que vos pareza moi doado, intentamos doblar a carta para que collese dentro do sobre. Ademais, aproveitamos para recordar que elementos ten a nosa cara e traballamos as expresións das nosas emocións.







Polo camiño atopouse con tres feras, o lobo, o oso e o león que a querían comer..... ademais de traballar a motricidade fina co rasgado de papel para o león e coa elaboración de boliñas pequenas para as orellas do oso, tamén pintamos con témpera e con ceras. Coas tres feras poidemos traballar a orde na que aparecían no conto, primeiro,segundo e derradeiro.





Para esconderse das feras durante  camiño de volta á casa, a neta colleu a cabaza mais grande que había na horta, meteu a avoa dentro e botouna a rodar mentras cantaba. Non soamente pintamos con pincel e rasgamos papel, senón que tamén empregamos o punzón para facer un oco na cabaza e poder escondernos das feras, ademais de traballar grande-pequeno e dentro-fora outra vez máis.



Ademais, aproveitando as cabazas da horta, fixemos series de grande e pequeno e asociamos o número ca cantidade de cabazas que había. Manipulamos e experimentamos as cabazas facendo agrupacións, traballamos o olfato e o tacto e fixemos unha sopa de cabaza para celebrar o día. 



Para rematar, as nenas e os nenos dramatizaron este conto, que despois de varios ensaios, decidiron que querían compartilo coas súas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de Educación Infantil para celebrar o Samaín.
Coa dramatización estamos a traballar moitos contidos, pois onde soamente parece un xogo,  temos que ter en conta que se está traballar:
 - a imaxinación da nena ou neno
- enriquecemento  do vocabulario, favorecendo a expresión e comprensión
- cantado de cancións
-  a atención
- a creativade
- comprensión lectora
- expresión corporal

Aqui podedes ver algunhas das imaxes das nosas representacións , seguro que non nos coñecedes ben porque temos unhas caretas que dan un pouco de medo....



Dramatizar o conto, gustounos moito, pero compartir o noso traballo co resto de cursos de Infantil, gustounos moito máis. Un teatro faise con público e ese aplauso tan grande que recibimos, motivounos tanto, que non podemos parar de preparar cousiñas. 


Esperamos que vos gustara esta aprendizaxe baseada en proxectos,  do conto  Corre corre cabaciña, que podedes desfrutar en familia no enlace. 

martes, 2 de xullo de 2019

O noso gran de millo

Tendo en conta o proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra" os alumnos e alumnas de primeiro realizaron o proxecto "O noso gran de millo" ao longo de moitos meses no que traballaron diversas intelixencias englobando diferentes contidos de varias materias.

Con el coñeceron o traballo dos labregos e dos muíñeiros, a vida na aldea, as partes dunha planta e o seu desenvolvemento dende o xerminación, a elaboración das fariñas de millo e trigo, a elaboración do pan, algúns pasos da muiñeira e ata realizamos problemas matemáticos con millo frito onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas de primeiro. (Pinchade para descargar a ficha: Problemas con millos fritos) 

Ademais cantamos cancións en galego como O polo Pepe do grupo Mamá Cabra e Susa Herrera: Canción Polo Pepe ou Pan de millo do grupo Migallas: Pan de millo Tamén traballamos cos contos O polo Pepe e A galiña Pauliña.

Aquí vos deixamos algunhas fotos nas que podedes observar todo o traballo realizado.