martes, 10 de marzo de 2020

As nosas plantas: as patacas.

Este trimestre os nenos de 1º e 2º realizamos un proxecto en común con algunhas variacións segundo os diferentes contidos que temos que aprender en cada clase pero cun mesmo sentimento: aprendimos moito e pasámolo xenial durante todas as actividades.

Comezamos o noso proxecto plantando cada clase as súas propias patacas e coidando as nosas fresiñas que plantamos o curso pasado.










Despois poidemos comprobar moi de preto as diferentes partes das plantas e a diferencia entre o talo dun arbusto e dunha herba ademais de coñecer diferentes árbores frutais de folla perenne.


Despois aprendemos máis vocabulario en galego sobre as diferentes árbores de Galicia coa canción de Paco Nogueiras "Cós pés na terra".

Ademais os nenos de segundo estamos a aprender o que é un adxectivo así que por parellas traballamos a memoria coas tarxetas das plantas e tivemos que dicir adxectivos que describían as diferentes follas e talos das distintas plantas.




A continuación coñecimos o que eran os animais herbívoros e aprendemos a clasificar os animais segundo o que comen e segundo o lugar onde viven. 




Como os animais nos encantan aproveitamos a traballar as descrición destes tanto en galego como en castelán e os nenos e nenas de segundo continuamos traballando o adxectivo pero esta vez relacionados cos animais.





A continuación realizamos a visita a fábrica de Bonilla no polígono de Sabón. Alí aprendemos como se transforma as patacas que compramos ou plantamos nas patacas fritas que tanto nos gustan!!!






E coas patacas fritas que tanto nos gustan realizamos problemas matemáticos. Nas seguintes fotos podedes ver como representamos eses problemas e nos seguintes enlaces podedes descargar os problemas se queredes practicalos de novo.







Por suposto cando rematamos de comer as patacas botamos a bolsa de plástico na contedor correspondente.

Tamén utilizamos as TICS e visionamos un capítulo de Bing que nos vale para aprender a resumir, ademais de desfrutar moito destes debuxos tan educativos. Deixamos o enlace por se queredes desfrutalo de novo cos vosos peques na casa.



Para rematar o noso proxecto aprendimos a importancia de comer verduras e froita todos os días porque nos dan moitas vitaminas. E como os nenos e nenas deste cole son moi curiosos e queren aprender moitas cousas, un deles preguntou que vitaminas nos daban as patacas, así que buscamos esta información en internet. 



 E coma nos gusta moito a música aprendimos outra canción: "Na horta de Balbina" do grupo María Fumaça na que traballamos as rimas e aprendemos as vitaminas que nos da a froita e a verdura.



Xa vedes canto aprendemos e desfrutamos no colexio Cid.











Ningún comentario:

Publicar un comentario