martes, 31 de marzo de 2020

ARCO CID DE CORES


Hola de novo nenos e nenas e familias! Espero que esteades a pasar estes días o mellor posible. Hoxe vou darvos unha sorpresa……Como todos vos estades portando tan ben, quero ensinarvos isto:



GUSTAVOS?
É o noso Arco Cid de Cores, aquí están todos os vosos nomes, podedes buscalos se queredes, é unha mostra máis de decirvos que vos botamos de menos.
Ademais eu penso que esta situación aparte de ser moi difícil e diferente para todos. Fai que estemos sufrindo como nos pasa en algún momento das nosas vidas por unha pérdida importante e fai que teñamos ese sentimiento de vacío e de tristeza, como se tiveramos o estómago vacío, iso que resulta tan difícil de xestionar e de superar.
Pero hoxe aquí podedes encontrar a pócima secreta para iso. Queredes sabela??
Antes de nada dicirvos que non debemos de protexernos da tristeza nin deses sentimentos que rondan o noso corpo en busca dunha saída, simplemente hai que aprender a facerlles frente.
Nesta situación do coronavirus, eu puxenme a debuxar o meu vacío, e así poder ver o que boto de menos, o que quero recuperar, e descubrín que dentro teño cores, melodías, soños,…




Ningún comentario:

Publicar un comentario