luns, 28 de marzo de 2022

Saída de 5º Educación Primaria ás prazas da Cidade Vella.

 

O luns, 21 de marzo, @s alumn@s de 5º fixemos un itinerario guiado recorrendo as prazas da Cidade Vella. Aprendemos que durante boa parte da historia da Coruña, estas prazas foron testemuña de varios acontecementos históricos.

A praza de Azcárraga, chamada praza da Fariña, constituíu o centro da cidade e nela concentrábase o poder económico e político. Na praza da Constitución situábanse a Audiencia Real e a residencia do Capitán Xeral. No século XIX, a construción da praza de María Pita conseguiu unir as dúas zonas da cidade que se atopaban encerradas entre as murallas.

Poidemos entrar e coñecer dous edificios emblemáticos: Capitanía e o edificio do Concello. No Salón de Plenos observamos como  no teito unha vidrieira acolle a loita entre Hércules e Gerión e nos lados, os nomes de catro mulleres ilustres galegas: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e María Pita.

Pasamos un fabuloso día porque xa botabamos de menos ir de excursión. Aquí podedes ver varias fotos.











Algúns de nós incluso falamos coa alcadesa e poidemos preguntarlle  dúbidas!




luns, 14 de marzo de 2022

8M

 

8 de marzo

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Nacións Unidas declara este día como Día Internacional da Muller  rememorando o 8 de marzo de 1857, día no que un grupo de mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York abandonaron os seus postos de traballo para facer unha marcha e protestar polos baixos salarios. Despois de dous anos de reclamacións crearon o primeiro sindicato para esixir os seus dereitos.

É unha data de reflexión sobre os logros políticos, sociais, económicos, lexislativos e culturais do xénero feminino, unha data de reivindicación sobre a igualdade de xénero e os dereitos que teñen todas as mulleres do mundo.

É un día para destacar a lacra da violencia machista e sensibilizar ás alumnas e alumnos do colexio Cid acerca dos problemas de desigualdade aos que as mulleres se seguen enfrentando hoxe en día.

Conmemoramos a loita das mulleres ao longo da Historia e apreciamos os logros que alcanzaron para conseguir unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos. Unha loita na que tiveron que enfrontarse á sociedade, auténticas heroínas que abriron camiño ás mulleres que hoxe poden ter dereito ao voto, ter un negocio ou divorciarse.

Recordamos a todas as mulleres que seguen sen ser escoitadas e ás que se lles seguen negando dereitos básicos como o acceso á saúde e á educación.

É importante que dende o colexio, e a través da educación, fomentemos valores igualitarios e de respecto, nas nenas e nenos, porque ámbolos dous son o noso presente e o noso futuro, e a igualdade só a lograremos tod@s xunt@s.

Relacionado con esta data, e dentro do Proxecto lingüístico do centro,  realizamos actividades encamiñadas a dinamizar o uso da lingua galega traballando sobre mulleres galegas actuais no ámbito da Ciencia e do Deporte, mulleres actuais que seguen loitando para que a xeración da igualdade de pleno dereito sexa algún día unha realidade. Escoitamos cancións en galego, vimos vídeos, reflexionamos, debatimos, investigamos, coloreamos, recortamos, ... e aquí tedes unha mostra dos diferentes traballos realizados polas rapazas e rapaces.


Educación Infantil:
















Educación Primaria:











































"Non hai barreira, fechadura, nin ferrollo que poidan impoñer á liberdade da miña mente" 

Virginia Woolf


mércores, 2 de marzo de 2022

ADMISIÓN CURSO 2022-2023

 

Dende o día 1 ata o 21 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2022-2023.

 

Deixámosvos a Solicitude admisión  e na secretaría do centro tamén temos formularios á vosa disposición.

 

Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, perdendo os dereitos de prioridade que poida corresponderlle de non facelo deste xeito.


Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (telf.: 981 255 244 ou @: cpr.cid@edu.xunta.es).